Sábado 07.10.2006      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 5]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

en guerra

O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña

O Tribunal Supremo notifícalle ao Concello herculino unha nova sentenza na que declara o topónimo en galego da Coruña a única forma oficial para denominar a cidade

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ. SANTIAGO

Catorce anos despois do incio da batalla, o Tribunal Supremo notificoulle ao concello herculino unha nova sentenza -a enésima- ratificando o topónimo "A Coruña" como "unica forma oficial" para denominar a cidade.

O actual alcalde da urbe, Javier Losada, herda así o litixio que empezara o seu antecesor, Francisco Vázquez, por conservar o "L" no topónimo. O seu principal fustigador neste asunto, a Mesa pola Normalización Lingüística que preside Carlos Callón, informou onte nun comunicado desta sentenza.

Lembra o colectivo de defensa da lingua que este ditado xudicial está motivado por un recurso do Goberno municipal coruñés no que "no só solicitaba que non fose recoñecida a forma A Coruña como a oficial a todos os efectos, senón que pretendía que se tirase abaixo a Lei de normalización lingüística a través dunha cuestión de inconstitucionalidade". Para Callón, agora, "hai dúas voces que a cidadanía debe escoitar despois desta nova sentenza xudicial: a de Javier Losada, e a do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño".

Considera así mesmo que o rexedor herculino ten ante si "a oportunidade de ouro para demostrar se vai manterse como unha fotocopia de Vázquez ou se van cumprir as leis". A Touriño, pola súa banda, acusouno de manter unha "actitude indolente, cando non cómplice" durante o mandato de Vázquez, polo que agora, dixo, "debe lembrar que é presidente da Xunta e que, como tal, ten obrigas, e non pode ser defensor de delincuentes, malia que sexan do seu mesmo partido político". Ademais, a Mesa pola Normalización Lingüístia instou o concello coruñés para ofrecer datos "veraces" sobre os gastos "reais" que lle está a ocasionar ás arcas municipais esta "loita obsesiva contra o galego e as leis".

Ao longo destes anos, todas as sentenzas xudiciais defenderon a forma "A Coruña" como única oficial válida, motivo polo cal Carlos Callón entende que Javier Losada ten agora dúas opcións: "ou acatar as sentenzas xudiciais ou continuar a mal- gastar diñeiro público en recorrer o que xa sabe que ten perdido, nunha irracional batalla contra a lingua galega".

DATOS

Satisfacción e indefensión

A Mesa pola Normalización Lingüística acolle "con satisfacción" este novo pronunciamento do Tribunal Supremo, mais mostra tamén que se sente "totalmente indefensa perante un goberno municipal que ri das sentenzas xudiciais e un decepcionante Presidente da Xunta que, até o momento, non tomou a primeira acción en defensa da legalidade no Concello da Coruña".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS