Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 01.11.2006

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1
  • Imprimir
  • Enviar por correo

onomástica

Web para buscar nun mapa apelidos galegos

O ILG e a Real Academia Galega porán en marcha unha web que será un buscador cartográfico dos cognomes da terra

MARÉ . SANTIAGO
A- A+

O apelido determina moito máis que a orixe familiar dunha persoa e conporta normalmente moita información acerca da persoa que o porta. Nas vilas, sobre todo, os apelidos funcionan como eixes de pertenenza a esta ou a outra casa. A calquera lle preguntaron algunha vez a tan repetida frase de, "e ti de quen es?" Agora, cun premer, de rato poderase ter parte desa información un pouco máis cerca.

No pasado II Congreso de Onomástica Galega que tivo lugar en Pontevedra no mes de outubro, a profesora da Universidade de Santiago, Ana Boullón, deu a coñecer o proxecto de elaboración dunha páxina web que recollerá a representación cartográfica dos apelidos que existen nos 315 concellos galegos.

Logo dun traballo de campo de case tres anos levado ao cabo polo Instituto da Lingua Galega (ILGA), este asinou un convenio de colaboración coa Real Academia Galega para desenvolver o proxecto, a partir dos datos do censo que o Instituto Nacional de Estatística lle proporcionou á RAG sobre todos os apelidos de Galicia no ano 2001. A parte técnica correspondeulle ó Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

A idea é que o usuario poida introducir o apelido do seu interese no campo de busca e, en poucos segundos, cun sinxelo sistema de cores poderá observar o reparto territorial do apelido e a súa frecuencia de uso. Ana Boullón explica que a utilidade da web é "proporcionar información sobre os apelidos galegos de xeito inmediato tanto sexa polo seu interese para os investigadores lingüísticos como para calquera outro".

A web, que está en fase de probas neste momento e que será presentada no seo da exposición que terá lugar este mes para conmemorar o nacemento da Real Academia Galega, estará aberta ó público para realizar calquera busca.

Os datos que proporcionará a web ofreceranse de varias maneiras e o usuario poderá ter acceso a porcentaxes de apelidos por cada concello ou o número de apelidos por cada concello de Galicia, é dicir, os resultados poderán achegarse por porcentaxes de interese, así como en números absolutos.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS