Mércores 09.05.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Rei Ballesteros e Carlos Fernández gañan o "Ánxel Fole"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Premio Ánxel Fole, que convocan conxuntamente El Progreso e a Fundación Caixa Galicia, foi concedido onte ao traballo Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo de Carlos Fernández Fernández e Anxo Rei Ballesteros. O director xeral de El Progreso e voceiro do xurado, José de Cora, explicou que Carlos Fernández gañara xa o galardón coa obra O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega. Do seu labor con Rei Ballesteros, De Cora sinalou en nome do xurado -que estivo tamén composto por Benigno Fausto Galdo, Francisco José Vidal Pardo e, en nome de Caixa Galicia, Sinesio Pérez-, que "o traballo achega consideracións novidosas sobre Rof Carballo e sobre a súa teoría da urda, da urdimbre en castelán". Unha segunda liña que interesou aos avaliadores foi "que coloca a Rof Carballo no ámbito do galeguismo, coas súas relacións con Otero Pedrayo e Risco. A convo catoria do vindeiro ano está dedicada á Purificación de Cora y Mas-Villafuerte, fundador de El Progreso, que cumpre cen anos no 2008.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS