Luns 27.08.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 4]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

Máis mundo en galego

Etiquetas para a identificación dos libros, horarios, carteis comerciais ou postais de felicitación son algunhas das novidades listas para descargar no espazo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. www.xunta.es/linguagalega é unha porta de acceso diaria ás novidades arredor do idioma. Por exemplo, o boletín de noticias electrónicas sobre a actividade promovida desde este departamento conta xa con catrocentos subscritores

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. REDACCIÓN

Imaxe capturada da páxina web de Política Lingüística nun dos apartados dedicados aos cativos onde se ofrece unha variedade de receitas para faceren os nenos
Imaxe capturada da páxina web de Política Lingüística nun dos apartados dedicados aos cativos onde se ofrece unha variedade de receitas para faceren os nenos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística incorpora na súa web www.xunta.es/linguagalega novos recursos dixitais en galego para todo o público da comunidade que segue diariamente as novidades en materia de lingua.

Coincidindo co inicio do curso escolar, o espazo web inclúe un novo apartado, a volta á escola, no que se lle proporciona ao usuario a descarga de diverso material de utilidade en lingua galega, como etiquetas para a identificación dos cardernos e libros, unha táboa de prioridades para axudar á organización, ou un horario escolar para cubrir polo interesado.

O espazo web de Política Lingüística proponlles aos máis pequenos ideas para o seu lecer, entre as que se atopan dar os primeiros pasos na cociña con receitas sinxelas, ou celebrar unha boa festa para os amigos, coa posibilidade de descargar convites dos Bolechas. Tamén se ofrece a opción da descarga de postais de felicitación en galego.

 

Unha porta de acceso á cidadanía

A páxina web da Secretaría Xeral é unha porta de acceso diaria para centos de usuarios interesados por obter unha completa perspectiva da lingua galega e acceder aos servizos que ofrece a Administración autonómica en materia lingüística. As convocatorias de formación e de axudas ou o asesoramento lingüístico son os contidos que suscitan maior interese entre os internautas, de feito, rexistran a maioría das visitas. O departamento que dirixe Marisol López conta ademais cun boletín de noticias electrónico, Novidades da Lingua Galega, con toda a actualidade quincenal que xera a secretaría. O boletín ten xa catrocentos subscritores e vai camiño de ampliarse.

Así mesmo, co obxectivo de facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida cotiá, a web pon á disposición do internauta outros recursos dixitais destinados ao sector do comercio e á poboación infantil e adulta, en xeral. Carteis galeguizados de rebaixas, descontos, liquidacións por peche ou reformas, así como sinais de prohibición de fumar ou de zonas habilitadas para o consumo de tabaco poden ser descargados desde esta páxina e así contribuír á normalización.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS