Sábado 22.12.2007
Hemeroteca web
|
RSS
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, manifestou onte a vontade dos gobernos autonómico e estatal de solicitar un múltiplex autonómico adicional que permita a recepción das radios e televisións portuguesas. Así o salientou no Parlamento de Galicia en resposta a unha pregunta sobre as previsións de recepción das emisións de radios e televisións do país veciño.
Na súa intervención manifestou que a prioridade do Executivo autonómico se atopa en garantir que a poboación de Galicia teña acceso ás cadeas tanto ás públicas como ás privadas de ámbito local e autonómico, "dirección na que se está a traballar". Este salto da tecnoloxía analóxica á dixital implica, no caso de Galicia, o despregue de máis de corenta novas televisións locais, dúas novas televisións privadas de ámbito autonómico ademais da conversión en dixital das cadeas privadas e públicas estatais e autonómicas. Se ben, o director xeral expresou a vontade de incorporar as emisións portuguesas á oferta actual unha vez se produza o chamado apagón analóxico.