Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

música

Antonio Vega desprega o seu intimismo, hoxe na Capitol

13.12.2006 O cantante foxe da lenda que o persegue, di ter superado as pantasmas do pasado e ve no revival da Movida un refuxio en tempos de crise

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. MARÉ

Desentrañar algunhas das súas letras semella tan complicado como tratar de contactar con el. Tras varios intentos infrutuosos e a advertencia de que o número "debe de- saparecer" tras a conversa, no outro lado da liña aparece a voz rota de Antonio Vega.

A mesma voz que se poderá escoitar esta noite a partir das 22.30 horas na compostelana Sala Capitol. Nese escenario unha das figuras máis emblemáticas da chamada Movida madrileña realizará un repaso polo seu último traballo discográfico, 3.000 noches con Marga, no que haberá sitio para os clásicos.

Nun ton relaxado, Antonio Vega trata de fuxir da lenda escura que o persegue relacionando a súa imaxe coa melancolía e a traxedia. "A verdade é que esta imaxe non é moi real, son unha persoa alegre e gústame estar rodeado de xente, si é certo que me gusta a tranquilidade e a intimidade, pero o que ocorre é que o personaxe superou nun determinado momento á persoa".

O ex membro de Nacha Pop xa non vive nun hotel, "desde hai tempo", e asegura ter "deixado atrás" as pantasmas que o atormentaban na vida, "aínda que hai cousas que nunca se acaban", asegura.

En pleno revival da Movida, algo que Vega califica de "intento de buscar con ansiedade fórmulas de éxito pasadas en tempos de crise cando as cousas actuais non funcionan ben", mantén que todo aquelo foi "incrible" pero que nunca máis se volverá a repeitir. "Ademais de que non tería ningún sentido, ocorreu no momento en que ocurríu e non sería posible repetilo, porque hoxe por hoxe, a historia é moi distinta, sería catastrófico", afirma.

Neste contexto, porén sinala que existe "unha porta aberta" a reunir sobre o escenario a Nacha Pop, e que aínda que non hai nada pechado, "sería algo ilusionante".

Autor de Chica de ayer, canción que moitos consideran o himno daquel movemento e elixida pola revista Rolling Stone como o segundo mellor tema da historia do pop español, Vega asegura non sentirse escravo dela. "Todo o contrario, me encanta que ma sigan pedindo nos concertos, é un momento marabilloso onde lles podes ceder o protagonismo ó público", sinala moi orgulloso de ver que entre os seus seguidores "non hai barreiras de idade". "A punto de cumprir 30 anos de carreira é incrible ver cómo acude a verme xente da miña xeración, outros máis vellos e rapaces que nin sequera naceran cando comecei a tocar", comenta.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS