Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

TECNOLOXÍA

Guía museística virtual

09.01.2007 A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña estrea un sistema de Nomasystems para informar os visitantes no seu móbil

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

HENRIQUE NEIRA . A CORUÑA

Basta situarse nas proximidades dos puntos sinalados co símbolo de tecnoloxía Bluetooth para recibir información no teléfono móbil FOTO: Neira
Basta situarse nas proximidades dos puntos sinalados co símbolo de tecnoloxía Bluetooth para recibir información no teléfono móbil
FOTO: Neira

Textos en galego ou en castelán, imaxes ou mesmo vídeos é o contido que pode transmitir o sistema de información sen fíos presentado onte na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Quen visite desde agora as mostras abertas na entidade acompañado dun teléfono móbil con tecnoloxía Bluetooth poderá recibir datos e ata material audiovisual sobre as mesmas no seu propio terminal.

De acordo coa Fundación, é a primeira vez no mundo que se emprega nunha institución cultural un sistema semellante, pois aínda que existen iniciativas parecidas, estas implican o uso de terminais de- señados especificamente para esa función, ou ben o sistema obriga a instalar unha aplicación determinada no teléfono da persoa que visita a exposición.

Agora, por medio do traballo da empresa coruñesa Nomasystems, esas barreiras tecnolóxicas desaparecen e o único preciso é que levemos con nós o móbil coa función de Bluetooth habilitada para recibir totalmente de balde toda a información anexa ás exposicións.

O xerente da sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia, Fernando Prieto, apuntou que este sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución.

Ademais, Prieto lembrou que o sistema é "moi amigable e sinxelo" e que se adapta á tecnoloxía e características de cada un dos terminais ós que lles envía datos, e foi deseñado como un "sistema escalable", que é posible axustar ás futuras melloras da industria de telefonía móbil. De feito, sinalou que "agora está en galego e castelán", aínda que espera que "para o próximo verán estea dispoñible en inglés", facilitando así unha nova posibilidade de acceder á información ás persoas que non dominen ningunha das outras dúas linguas.

Enrique Marcote e Miguel Rodríguez, de Nomasystems, fixeron demostracións das distintas posibilidades que ofrece o seu produto, que entre outras cousas posibilita a localización dos visitantes nas distintas salas, de maneira que a información que se vai enviando ó seu móbil é a necesaria en cada un dos espazos.

Noutra das exposicións aberta na Fundación, sobre a película Pérez, o rato dos teus soños, o que recibimos nada máis entrar é un vídeo de animación no que se nos presenta a película que deu orixe a esta mostra.

DESENVOLVEMENTO

Cultura e vangarda camiñan da man

De cando en cando danse a coñecer cifras de visitas a museos e outras entidades culturais e case sempre acostuman ser baixas, con algunhas excepcións. O emprego de sistemas de información baseados nas novas tecnoloxías coma a estreada onte na Coruña sen dúbida pode exercer de gancho especialmente para atraer xente nova. Aínda que soamente sexa para ver como funciona o sistema, polo de pronto xa se consegue que haxa máis visitantes. E as características do sistema Bluetooth, incorporado hoxe en día a case todos os teléfonos móbiles vai facilitar isto.

O Bluetooth é un protocolo de transmisión de datos por radiofrecuencia pensado inicialmente para facilitar o intercambio de información dixital entre dispositivos portátiles: por exemplo, pasar fotos dun móbil a outro. Pero o seu espallamento fixo que se descubriran novas aplicacións como por exemplo esta que agora podemos experimentar na Coruña.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS