Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

idioma

Carlos Marcos fai campaña galeguista na Coruña co "L"

11.01.2007 O aspirante á alcaldía polo Partido Galeguista di que o do topónimo galego foi unha "barbaridade"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

De "barbaridade" cualificou onte o candidato do Partido Galeguista (PG) á Alcaldía da Coruña, Carlos Marcos, que o topónimo da cidade estea oficialmente en galego sen consultar antes cos coruñeses se preferían seguir coa súa denominación en castelán. Con esta postura, posta por diante no acto de presentación da súa candidatura, o Partido Galeguista entra na disputa que tanto socialistas como Partido Popular manteñen desde hai anos para monopolizar o voto dun nutrido grupo de coruñeses que aseguran non recoñecerse na denominación en galego.

"Aí pode estar o erro, porque se cadra a decisión non se tiña que tomar sen contar cos coruñeses", dixo Marcos durante a presentación, na que estivo acompañado polo máximo responsable do partido, o ex socialista e ex alcalde de Vigo Manuel Soto. Para Marcos, ademais, aos veciños de Vigo "metéronos na polémica do topónimo".

Recordou que o topónimo oficial é en galego porque así o establece a Lei de Normalización Lingüística aprobada polo Parlamento galego por unanimidade de todos os grupos políticos, pero puntualizou que se fixo "sen consultar" cos coruñeses.

"Eu levo toda a vida chamándolle La Coruña, pero recoñezo e asumo a legalidade vixente", afirmou Marcos, quen utiliza na súa publicidade o termo en castelán.

"Polo menos, quitarémoslle o artigo"

A este respecto, sinalou que, se consegue entrar no Concello, intentará "cambiar a legalidade" para que se permita utilizar A Coruña cando se fale en galego e La Coruña en castelán ou, se non se consegue, rexistrar a forma sen artigo. "Hai que usar o sentido común e respectarnos", indicou o representante do PG, quen defendeu que a súa proposta pretende que non haxa "nin vencedores nin vencidos".

En canto á súa candidatura, asegurou que pretende "unircoruñesismo e galeguismo" sen pensar "se se pode ser máis ou menos que Vigo" senón "o que as dúas cidades poden facer xuntas por Galicia".

O candidato do PG destacou que a súa formación é "o partido da xente corrente" e unha forza "moderada" que confía en entrar no Concello xa que, "da maioría absoluta do PSOE durante 24 anos pasarase á necesidade do pacto e do diálogo", dixo.

Marcos confesou sentirse "moi cómodo" baixo as siglas do Partido Galeguista e argumentou que presentarse a unhas eleccións cunha candidatura independente é "un erro político de gran dimensión" porque os candidatos "dependen dunha soa persoa".

O candidato do PG anunciou que a súa campaña será "politicamente incorrecta" aínda que prometeu que será "didáctica e sen ningún insulto nin participación en ningunha cerimonia da crispación".

Ademais, desvelou que en pouco tempo asinará unha declaración ante notario na que se comprometerá a non participar nin el nin a súa muller en ningún negocio durante o tempo que estea no Concello, e a renunciar ó seu cargo se falta á súa palabra.


Só queren medrar

A peripecia deste Partido Galeguista (PG) recuperado das cinsas do crematorio non pode ser cualificado da forma máis peregrina. E mentres o seu presidente, o populista vigués Francisco López ‘Chesi’, asegura que a formación ten liña directa co “partido da intelectualidade galeguista dos anos 30”. E tras botar man de nomes como Avelino Pousa Antelo, Ramón Martínez López ou Manolo Beiras, o propio Pousa Antelo saíu á palestra para negar calquera vinculación con este proxecto que só obedece “ao desexo dos seus promotores de medrar”.
Este PG –pois hai outro asociado ás siglas do PNG, integrado no Bloque– fundouse no ano 2004, pero as súa primeira cita electoral será nas próximas eleccións municipais, ás que acudirán aproximadamente na metade dos concellos.


Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS