Xoves 29.07.2010
| Actualizado 18.52
Hemeroteca web
|
RSS
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) proxectará hoxe fragmentos de series célebres da televisión como Los vigilantes de la playa e videoclips de Madonna, Robert Palmer, George Michael ou do grupo español Camela durante o quinto capítulo do ciclo Videoclisión.
Dirixido por Mery Cuesta, o ciclo aborda os estereotipos sexistas presentes en soap operas, series e videoclips dos anos 90 e a súa mutua influencia. A proxección terá lugar hoxe a partir das 19.30 horas no CGAC.
O centro exhibe, ademais, estes días a exposición titulada Mapas, cosmogonías e puntos de referencia, comisariada por Christina Ferreira e que recolle pezas das coleccións do CGAC e de ARCO, achegando novos puntos de vista á hora de estudar e de analizar os fondos propios.