Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Aposta do PPdeG polo trilingüismo no ensino galego

27.02.2007 O líder do PPdeG aposta polo ensino trilingüe e mais por exportar o decreto do ensino a Cataluña e ó País Vasco

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Núñez Feijóo, no Parlamento de Galicia
Núñez Feijóo, no Parlamento de Galicia

Fronte ao decreto que acaba de pechar Educación no que aposta polo uso do galego nas aulas ao 50 por cento xunto co castelán, o PPdeG, dá un paso máis adiante a propón unha ensinanza trilingüe, engadindo o inglés como terceira lingua de man para os estudantes galegos.

Así o asegurou onte o presidente dos populares en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que durante unha comparecencia de prensa no Parlamento, informou sobre a decisión do grupo popular de "manter o consenso" no relativo ó decreto, para a convivencia, en igualdade de condicións, do galego e do castelán no sistema de ensino público.

Núñez Feijóo afirmou que "o PPdeG apoia o equilibrio nas linguas e o dereito das familias a educar na lingua materna". O presidente do PPdeG asegurou que para os populares galegos "ter dous idiomas é un privilexio, unha riqueza individual e colectiva e, por iso, temos que respectar o exercicio do dereito individual de poder expresarse e de ser atendido en galego".

Asegurou que en Galicia, actualmente, non hai conflito lingüístico, senón unha convivencia harmónica dos dous idiomas, a pesar de que "os nacionalistas queren volver ó monolingüísmo galego de principios do século XX". Feijóo, apostou por "exportar o modelo" a outras zonas onde o decreto "pode ser ben visto" como "Cataluña e o País Vasco".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS