Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.41      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

pioneiro do rexurdimento

O Himno Galego non se estreou na Habana

02.03.2007 Descobren no Congreso de Pascual Veiga que o himno galego tivo a súa estrea pública dez anos antes da data oficial da súa primeira interpretación

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

O himno galego interpretouse por primeira vez dez anos antes da data oficial de estrea. Así o formulou onte o musicólogo Fernando López-Acuña durante a xornada de inauguración do Congreso Pascual Veiga e a súa época no que se situou ó compositor como pioneiro do rexurdimento musical galego.

O encontro, organizado pola Consellería de Cultura, foi inaugurado onte por Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural, xunto con Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG). Bará destacou que este foco constitúe o "primeiro acto" dun conxunto de actividades arredor do autor do Himno Galego ó que cualificou como "unha figura fundamental do Rexurdimento".

O investigador e musicólogo Fernando López-Acuña sacou á luz novos datos sobre a estrea pública do himno galego, que negan que fora na Habana no 1907. Aínda que polo de agora descoñecen a data e o lugar exacto, as informacións publicadas e as partituras dos orfeóns da época apuntan a que a composición de Veiga xa facía acto de presenza no ano 1896, asegurou López-Acuña. Os primeiros datos atópanse en xornais e revistas especializadas e proveñen da polémica que xurdiu nun certame de Lugo, despois de que o Orfeón do Centro Gallego de Madrid dirixido por Veiga o perdese. Para facer fronte ás críticas, desde esta institución "faise unha declaración institucional" na que empregan a letra do poema de Pondal para defenderse "máis só os iñorantes, e feridos e duros,/ imbéciles e escuros/ non nos entenden, non". Outros vestixios sitúan a composición do galego en mans do Orfeón coruñés El Eco.

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, aclarou que "non se pode entender a figura do compositor sen coñecer as circunstancias que propiciou "o liberalismo logo da morte de Fernando VII". Na época aparecen unha serie de nomes de gran prestixio grazas a que "o mercado se vai abrindo no seo da propia Igrexa e do Estado que dispón de posibilidades de traballo, así como o feito de que a música entre nos plans de estudo", destacou.

REACCIÓNS

Bará destaca a investigación

Luís Bará valorou o proxecto de investigación, que se iniciou hai un ano "co aniversario do falecemento" do compositor e que segue unha liña de investigación arredor "dos estudos de arquivos e do Himno".

DATOS

Entra en escena o catalán Gotós

A coordinadora do Congreso, Rosa Fernádez, rexeitou a data do 13 de xullo do 1890 como o día de nacemento da composición de "Os Pinos", xa que descobre que "esta partitura non é de Veiga, senón do gañador do certame á mellor marcha rexional galega, o catalán Ivo Gotós". Ao concurso presentáranse dez composicións coa letra do poema de Eduardo Pondal, máis outra creación do mindoniense que será a que se converta no verdadeiro himno galego cuxo nacemento se sitúa "entre abril e xullo do 1890".

O catedrático do Departamento de Ciencias Musicais da Universidade Nova de Lisboa, Gerhard Doderer, ofrece hoxe a primeira das conferencias arredor de "O caso do orfeón Académico de Coímbra", ao que lle seguira o académico Xosé Luís Axeitos Agrelo con "Fontenla Leal e os símbolos nacionais", e Carlos Villanueva que descubrirá a recepción que tiña o mindoniense na prensa galega, española e americana. Xa pola tarde intervirán os críticos musicais Julio Andrade, e José Luis García del Busto.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS