Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

de futuro

O Congreso aproba a Lei do libro por unanimidade

30.03.2007 Os populares apoian pero rosman

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. A. C.

"Esta Lei do libro é unha lei de todos e para todos nun sector vital para a cultura do país", asegurou a ministra de Cultura, Carmen Calvo, no Congreso, onde foi aprobada, por 301 votos a favor e ningún en contra, a nova Lei de lectura, o libro e as bibliotecas, un texto legal co que, segundo a ministra, "se cumpre un obxectivo estratéxico na política do Goberno".

Respecto ó momento máis polémico da nova norma, o do prezo fixo dos libros, fóra dos de libros de texto, a ministra de Cultura destacou no Congreso que "a lexislación regula o prezo único dos libros como recoñecemento da súa excepcionalidade cultural dentro dun sector que publica máis de 70.000 títulos anuais que non verían a luz no mercado se o sector só se rexese pola lei da oferta e a demanda". Aínda que, polo que ós texto se refire, "mantense o prezo libre, segundo o criterio do detallista que compite con outros detallistas, pero limitado polo réxime xeral de prezos que persegue prácticas como a venda con perdas".

Pola súa banda, os diferentes grupos parlamentarios mostraron o seu apoio á nova Lei do libro, aínda que tamén expuxeron diferentes posturas como o populares para os que, segundo a súa portavoz Beatriz Rodríguez Salmóns, "a Lei non está mal, está ben, pero non é unha boa normativa, porque debería ter máis contido".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS