Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

roteiro

Os artistas ábrense á rúa

08.05.2007 Os espazos expositivos e de creación de Santiago amosaranse ao público do 12 ao 20 de maio

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO . MARÉ

A artista franco-estadounidense establecida en Santiago, María Chenut
A artista franco-estadounidense establecida en Santiago, María Chenut

A arte sairá á rúa en Compostela entre o 12 e 20 de maio, coa celebración do "Roteiro de Creación Contemporánea", un encontro do público cos artistas nos seus talleres e cos espazos expositivos da capital galega.

María Chenut e Reina D"Hoore, artistas establecidas en Santiago que organizan esta iniciativa, destacan que é a "oportunidade para descubrir a cidade doutro xeito, coñecer os centros socioculturais de Santiago e as actividades que organizan". A Zona "C", situada en Bonaval, servirá de punto de información deste "Roteiro" ademais de expor unha reseña fotográfica das obras dos creadores participantes e ofrecer mapas da localización dos talleres dos creadores, galerías e centro socioculturais.

Os días 12, 13, 19 e 20, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00, organizaranse visitas ós talleres de 35 artistas que traballan coa pintura, gravados, escultura, serigrafía ou xoiaría. Do 12 ó 20 de maio, o Centro Sociocultural do Ensanche acollerá unha mostra de vídeo-creacións e o de Fontiñas, A Trisca, Conxo e Castiñeiriño, exposicións de fotografía, pintura e escultura. Dous murais realizaranse en directo, do 14 ó 18 de maio nas paredes dos centros socioculturais de Fontiñas e da Trisca, por Nolo Suárez e Armando G.

Así mesmo, o artista italiano Diego Ghiddini desenvolverá a diario do 14 ó 18 de maio unha acción titulada Facce, scansioni digitali e estampa fotográfica, aprossimazioni.

ACTOS

"Desocultamento", a acción de Eirís

Manuel Eirís, pola súa banda, intervirá coa acción "Desocultamento", nunha casa por rehabilitar en Casas do Rego, de 16.00 a 20.00 horas. O xoves 17, a galería C5 propón un encontro co artista Fran Herbello ás 20:00, con quen se poderá dialogar sobre "Cartografías en branco e negro".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS