Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

CÓMIC

Polaqia gaña o Premio Ourense de Banda Deseñada 2007

O galardon "recoñece a importancia do movemento da autoedición" ·· As Xornadas de BD de Ourense chegarán en outubro

. A.L.  | 20.09.2007 
A- A+

O colectivo de autores Polaqia foi o gañador do Premio Ourense de Banda Deseñada 2007, que todos os anos outorgan a Casa da Xuventude de Ourense e a Concellería de Cultura, como paso previo á celebración das Xornadas de BD de Ourense, o máis veterano evento sobre a novena arte de Galicia.

Polaqia, un grupo formado hoxe por David Rubín, Emma Ríos, os irmáns Sergio e Hugo Covelo, Diego Blanco, Kike Benlloch e outros creadores, naceu hai seis anos para permitir a autoedición de banda deseñada. Con este premio, os organizadores pretenden "destacar a importancia do movemento da autoedición como dinamizador do panorama da historieta galega, ante a falta de iniciativas das editoras profesionais. Estes autores crearon un espazo propio que demostrou non só a existencia de talento, senón tamén a viabilidade das edicións de historietas".

Polaqia acaba de recibir este ano o premio ó mellor fancín do Saló del Cómic de Barcelona por Barsowia, a revista insignia do colectivo, que xa acadou o seu décimo número. Recentemente, lanzaron unha liña de novelas gráficas en castelán, Rompehielos.

O Premio Ourense entregarase na XIX edición das Xornadas de BD, que se celebrarán entre o 3 e o 22 de outubro. Este ano, os autores invitados serán Carlos Vermut (El bayán rojo), Pepo Pérez (El vecino) e Lola Lorente (colaboradora habitual do Fanzine Enfermo). Repetirase a miniexposición Delicatesse, dedicada esta vez a dez debuxos selectos do viveirense Diego Blanco.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS