Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Anxos Sumai, autora de ‘Así nacen as baleas’ |
Anxos Sumai foi proclamada onte a escritora do ano pola Asociación Galega de Editores, que lle concedeu o Premio Álvarez Blázquez, un dos sete galardóns que entregou onte na coruña na súa III Noite da Edición de Galicia. A gala celebrouse no Acuario Finisterrae da Coruña coa asistencia dun centenar de persoas do gremio de editores en galego e representantes doutros sectores profesionais do mundo do libro. Tamén asistiron as conselleiras de Cultura e Educación, Ánxela Bugallo e Laura Sánchez Piñón, respcetcivamente, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.
Anxos Sumai, que acaba de recibir o Premio Repsol pola súa primeira novela, Así nacen as baleas (Galaxia), impúxose no apartado de "escritor do ano" a Pepe Carreiro, Suso de Toro e Agustín Fernández Paz, este último galardoado co Premio Xosé Neira Vilas do libro infantil, no que tamén era candidato, pola súa obra O único que queda é o amor.
O libro do ano, segundo os editores, é Made in Galiza, de Sechu Sende, un conxunto de relatos publicado por Galaxia que recibiu o Premio Ánxel Fole. Made in Galicia , unha das obras mellor recibidas pola crítica e os lectores nesta temporada, enfrontábase a De provincia a nación de Xusto Beramendi e ¿Para que serve a historia de Galicia?, de José Carlos Bermejo.
Polo que respecta ás traducións, neste apartado que leva o nome de Luís Tobío o gañador foi Xavier Senín polo seu traballo en A odisea, publicada por Editorial Rodeira. O mellor ilustrado foi a Guía de mamíferos de Galicia, realizado por Carlos Silvar e editado por Baía Edicións.
O abano de galardóns pechouse co Premio Fernández del Riego á colaboración no labor editorial e o premio á edición histórica.
No primeiro dos apartados, o gañador foi o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, mentres que no segundo, a Asociación de Editores recoñeceu o xornal La Voz de Galicia, no seu 125 aniversario, a Alvarellos Editora, cando cumpre xa trinta anos de traxectoria, e mais a A Nosa terra no centenario da súa creación no ano 1907.