Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

testemuños do século

As formas da memoria

13.01.2008 Del Riego e Díaz Pardo reciben o recoñécemento do PEN clube como voces de liberdade nun acto cálido e informal que se celebrou en Vigo

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Cálida e informal. Esa era a atmosfera na entrega dos premios Voces de Liberdade do PEN Clube de Galicia en Vigo, que este ano recoñeceron a traxectoria de dúas figuras vivas da memoria galeguista, Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo. Os dous homenaxeados, capaces de articular lúcidos discursos a pesar da súa idade, contaron co apoio de máis dun cento persoas, entre as que se atopaba a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ademais de numerosos escritores e profesionais vinculados ao mundo da edición.

O presidente do PEN, Luís González Tosar abriu o acto cunha crónica histórica desta asociación de escritores, que se articula, dixo, arredor da liberdade de expresión, "como a que Fernández del Riego e Díaz Pardo desenvolveron ao longo da súa vida". Tras a lectura das actas do xurado, realizada polo secretario do clube, Gonzalo Navaza, Marilar Aleixandre e Camiño Noia foron as encargadas de facer a loubanza dos homenaxeados.

Mentres Noia perfilou a traxectoria del Riego, con detalles das súas achegas á resistencia galeguista durante a ditadura de Franco a través de Galaxia e doutras iniciativas nas que se involucrou, Marilar Aleixandre centrouse nos múltiples proxectos de Díaz Pardo, como o Laboratorio de Formas. "As formas da memoria, as formas da resistencia. E hoxe, unha vez máis, cando o Laboratorio e todo o que significa é ameazado, debemos, como ti nos ensinaches co teu exemplo, resistir", concluíu Aleixandre.

Os dous homeanxeados responderon con senllos discursos, máis incisivo o de Díaz Pardo cando saudou os presentes e se detivo en Marisol López, "a muller que está traballando para que o galego morra dignamente". A resposta da secretaria xeral ao artífice de Sargadelos chegaría no seu turno: "estou aquí para que viva".

Despois do acto, celebrouse un xantar no que, a micrófono aberto, deixaron o seu testemuño personalidades como María Xosé Queixán, Luz Pozo, Víctor F. Freixanes ou Pousa Antelo. Todos eles fixeron referencia á situación actual de Sargadelos e ao feito de que non se lle recoñeza a Díaz Pardo o seu papel trasecendental na historia desa simbólcia empresa.

A ANÉCDOTA

Celébraro con cigarro e whisky

Francisco Fernández Del Riego non esqueceu onte cumprir un dos ritos que o caracteriza nos xantares de confraternización e aos seus 95 anos, despois da comida, prendeu o seu habitual cigarro Montecristo e brindou ante os presentes cun Whiskyi Ballantines. Toda unha demostración de que, con caxato e todo, o vello galeguista vai seguir desfrutando moito tempo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS