Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

"Burra, no hables lenguas menores"

A Mesa denuncia un caso de discriminación lingüística a unha empregada dun Carrefour da Coruña

19.02.2008 Un xefe de sección recriminou a traballadora por dirixirse aos clientes en galego

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . A CORUÑA

Carlos Callón, á esquerda, falando nun momento da rolda de prensa
Carlos Callón, á esquerda, falando nun momento da rolda de prensa

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou, nunha conferencia de prensa celebrada onte na Coruña, un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral. Segundo relatou o presidente da asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, un xefe de sección do centro comercial Carrefour situado na avenida de Alfonso Molina recriminou unha empregada por dirixirse aos clientes en galego.

Burra, no hables lenguas menores foron as palabras que lle dedicou á traballadora. Segundo a información da que dispón a Mesa, non é a primeira empregada á que esta persoa lle prohibe utilizar o galego no seu posto de traballo.

Esta non é a única queixa recibida na Mesa contra a discriminación do galego en Carrefour. Fran Rei, membro da directiva nacional da asociación cívica, sinalou que unha cidadá tamén denunciou que lle devolveron un escrito presentado nun centro de Pontevedra dicíndolle que, se quería ser atendida, debería redirixir o mesmo en castelán. "Aínda que estes dous casos que presentamos aquí se dean no ámbito privado, isto non significa que non estean suxeitos ao cumprimento das leis e o respecto dos dereitos dos cidadáns", explicou Fran Rei.

O presidente da Mesa explicou que "na asociación temos limitacións humanas e económicas para coñecer todas as discriminacións e sabemos que as que nos chegan a nós son só a punta do iceberg, e aínda así nos últimos dous anos levamos rexistrados corenta casos de mobbing lingüístico".

DEMANDAS

Piden que se tomen medidas

Carlos Callón pediulle a Carrefour que tome medidas para solucionar esta situación, e dirixiuse tamén á Secretaría Xeral de Política Lingüística, e á Consellaría de Traballo para que actúen contra casos de discriminación lingüística coma estes.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS