Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

ECOALDEA

A aldea de Xestas, un soño de vida verde

28.02.2008 O domingo haberá unha xornada de portas abertas para que a xente poida visitar este exemplo de conservación ecolóxica en Porto do Son

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

JUAN FLORIANI. COMPOSTELA

Permacultura é un concepto relativamente recente, desenvolvido a finais dos 70 polos australianos Bill Mollison and David Holmgren. No seu libro Permaculture One, Mollison and Holmgren propugnaban un modelo de agricultura sustentable que non sobreexplotase o chan nin destruíse a biodiversidade, como ocorre cos métodos de agricultura industrial. Este novo modelo, que sería desenvolvido en investigacións posteriores, foi bautizado como "permacultura", fusión dos vocábulos "cultura permanente".

A permacultura é un exemplo claro e útil, do que poden lograr as persoas cando, en lugar de loitar para oporse a algunha cousa, de forma máis positivista crean un sistema que demostre o contrario daquilo en contra do cal estaban loitando. E o sistema creado ten como un dos seus principios básicos exactamente isto. Masanobu Fukuoka, no seu libro A Revolución dunha brizna de palla é o que mellor exemplificou a filosofia da permacultura: "É unha filosofia para traballar xuntos coa natureza e non en contra, de observar prolongadamente e atentamente en lugar de traballar moito e descoidadamente, de considerar as plantas e os animais en todas as súas funcións en lugar de tratar os elementos como como sistemas dun só produto".

A ecoaldea de Xestas, situada no municipio de Porto do Son, acollerá a fin de semana próxima un encontro da Rede de Permacultura ibérica, na que participarán persoas de Galicia, Portugal, Asturias e Castela e León. O obxectivo é pór en común iniciativas relacionadas coa Permacultura.

Xestas constitúe un exemplo de recuperación e conservación ecolóxicas nun dos espazos máis degradados de Galicia e tamén dos máis belos. O domingo desenvolverase unha xornada de portas abertas para que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitar Xestas. A aldea partía de tres casas e varios alpendres ruinosos, que foron transformados polos fillos do propietario nunha ecoaldea.

Os traballos comezaron no 1973 e prolongáronse por espazo de 25 anos coa recuperación paisaxística e de xestión sustentable do terreo, conformando un verdadeiro verxel no medio bo bosque.

Nun planeta en crise a miúdo as persoas senten incapaces de dar o cambio. A Permacultura ofrece solucións positivas aos problemas mundiais; usando a ecoloxía como base para estudar, deseñar e realizar sistemas perdurables. A Permacultura acolle baixo o seu paraugas tanto a sabedoría antiga como as modernas tecnoloxías. A cultura ecolóxica permanece viva.

DATO

Enerxías renovables

Un pequeno bosque caducifolio, froiteiros, emparrados e zona de horta achegan á aldea unha enerxía renovadora e transformadora. Unha xestión autónoma con paneis solares e turbina que suministra electricidade e calefacción central á casa principal. Un manancial de auga alimenta dous estanques aproveitando a ladeira e as pendentes, abastecendo así toda a parcela.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS