Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

poesia

Carne e linguaxe

01.03.2008 Chus Pato reivindica unha animalidade liberadora no seu último libro, "Hordas de escritura", publicado recentemente por Xerais

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO . SANTIAGO

Chus Pato estivo uns anos catro anos traballando neste novo libro, que amosa moitos puntos en común coa súa produción anterior
Chus Pato estivo uns anos catro anos traballando neste novo libro, que amosa moitos puntos en común coa súa produción anterior

"A cultura que recibimos nega á besta: non queremos ser animais. Danos medo sabernos animais porque a animalidade é o indicativo da morte: somos mortais porque somos animais. Por iso, abrazamos ese tópico de que o humano é a mediación entre o animal e a divindade. Cando falamos, nos facemos civilizados, parece que escapamos á morte, pero é a costa de anular a animalidade... Eu penso que hai algo que rescatar desa animalidade. Somos animais, fillos da terra, do cosmos. Se non nos conectamos con todo iso, camiñamos cara á destrución. Somos animalidade e linguaxe. Carne e linguaxe". A poeta ourensana Chus Pato explica deste xeito o seu último libro, Hordas de escritura, publicado recentemente por Xerais.

"Tentei plasmar iso no libro, que somos animais, e iso é positivo. Somos corpo, sangue, glándulas, estróxenos... Temos que aceptar a propia animalidade, que é aceptar a morte", engadiu.

O concepto de horda é, tamén, especialmente relevante para comprender este poemario. "A horda é a esfera perfecta, que vive centrada en si mesma e para si. É un modo de relación humana perfecta. Porque é o espazo de cobertura perfecta para os seres humanos, como o ventre materno. Por outra banda, remítenos á idea de movemento continuo, mobilidade, coma a dos bárbaros, coa súa liberdade absoluta ", subliñou.

"Quixen escribir un libro que como unidade non tivese o verso libre, senón unha horda de palabras: unha medida protectora dentro de si mesma, pero coa mobilidade e a liberdade máxima", afirmou.

A idea de horda tamén está conectada co tratamento do tempo e do espazo que Pato achega nesta obra. "O libro é unha reflexión sobre o espazo, como o foron outros que publiquei, aínda que esta é a primeira vez que reflexiono tamén sobre o tempo", dixo.

"Os seres humanos movémonos no espazo, o espazo prodúcenos sensación de liberdade. Na nosa sociedade, o espazo público comprímese cada vez máis. En canto ao tempo, o libro apunta a un tempo primixenio, que é utópico. Ao tempo no que non deixaramos de ser animais, pero aínda non eramos de todo humanos. Eramos mamíferos, pero falabamos. Ese é o instante de definición absoluta do que somos. É o tempo da exclamación máxima da dor e o pracer: do laio de agonía, do suspiro do orgasmo... dunha linguaxe física na que non é posible engañar. Tentei que o poema estivese marcado por ese berro", comentou.

O berro da poesía. Porque "a poesía é aquela escritura estética, chega de pulsións, emocións... unha linguaxe que se opón á que utilizamos na comunicación normal, que está codificada desde o capital", segundo Chus Pato. É máis, "poeta é aquel cuxa musa foi destruída", di o libro. A súa autora aclara que "o poemario tamén se pregunta que significa ser humano hoxe. Como se nos reduce á animalidade, como en Guantánamo, pero aínda así seguimos sendo humanos. A humanidade foi destruída, en Hiroshima, en Guantánamo, en Auswitcht. Pero se segue habendo humanos é que quedou un resto, que é a humanidade. Do mesmo xeito, poeta é o resto que queda nunha persoa na que a poesía foi destruida".

O libro interpela nas súas páxinas ao lector. "Do mesmo xeito que se fala da morte do autor, eu falo da morte do lector. Escribo para que me lean. Interpelar ao lector é un xeito de reflectir esa necesidade de que haxa alguén aí. Entón aparece a dúbida. Existe o lector, existe o poema, e exista a poeta, ou son intercambiables? Porque a autora pode se lectora, o lector pode ser poema...".

Hordas de escritura é a terceira entrega dunha pentaloxía que comezou con m-Talá e Charenton. "O fío común é: a intensidade; a ruptura que comezou xa no meu primeiro libro; o concepto de poesía como un resto, un tipo de idioma que cortocircuita a comunicación tipo mercancía, unha máquina de liberdade; o abeiro con outros tipos de arte como a narrativa e o teatro non para acadar unha mistura ou un híbrido, senón unha explosión, algo diferente. Porque o poema é un ser que muta, como muta a sociedade e a propia poesía. A poesía non é reductible hoxe á lírica. Unhas veces fago lírica, outras non ", dixo.

é a terceira entrega dunha pentaloxía que comezou con e . "O fío común é: a intensidade; a ruptura que comezou xa no meu primeiro libro; o concepto de poesía como un resto, un tipo de idioma que cortocircuita a comunicación tipo mercancía, unha máquina de liberdade; o abeiro con outros tipos de arte como a narrativa e o teatro non para acadar unha mistura ou un híbrido, senón unha explosión, algo diferente. Porque o poema é un ser que muta, como muta a sociedade e a propia poesía. A poesía non é reductible hoxe á lírica. Unhas veces fago lírica, outras non ", dixo.

DATOS

Tres partes que avanzan ata o total estourido

O libro está estruturado en tres partes. "Na primeira, influenciada por Peter Handke, a autora non é quen escribe, senón que o fai unha narradora ficticia, unha ‘negra’. Hai unha aventureira que viaxa moito. Na segunda parte, máis radical, introducín dentro da estrutura lírica a narrativa. Está o tema do dobre, JeKyll... É unha fisión da técnica narrativa de Robe-Grillet coa intensidade romántica de Hölderlin. Na terceira prodúcese o estourido absoluto, e unha fisión entre Ashberi, os últimos títulos que lin de poesía galega e Agamben. Cando escribín esta terceira parte visitei Auswitcht", contou.

"Introduzo mitos como un material máis, aínda que nesta obra si hai unha invocación a Orfeo. O libro non son eu nin ninguén: son palabras. Nin son feitos concretos. Está Galicia,si. A idea aquí é que os galegos tendemos a percibirnos como un pobo moi maltratado pola historia. En realidade, o século XX foi destrutivo para moitos pobos. Esquecemos a parte de responsabilidade que temos na nosa propia destrución", concluíu.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS