Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

O lixo ameaza o mar

Unha enorme masa de plásticos luxa o Océano Pacífico

16.03.2008 Unha "sopa de plástico" cun tamaño de dúas veces o territorio de Estados Unidos medra a pasos axigantados no océano Pacífico

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . SAN FRANCISCO .

A mancha de lixo do Pacífico, unha xigantesca "sopa de plástico" cun tamaño dúas veces o territorio de EEUU, crece a pasos axigantados, segundo denunciou o científico que a descubriu. Charles Moore, oceanógrafo estadounidense e creador da Fundación de Investigación Mariña Algalita, dixo que "ninguén pode limpala e a mancha segue aumentado".

Nas costas de Xapón, os científicos descubriron que cada dous ou tres anos o número de partículas de plástico na auga se multiplica por dez, explicou Moore. "Na área que nós estudamos atopamos agora tres veces máis partículas que hai dez anos", dixo o científico, que descubriu casualmente a mancha en 1997 durante un cruceiro entre Os Ánxeles e Hawai.

Esta xigantesca superficie de lixo, que Moore prefire chamar "sopa de plástico", está formada por pequenas partículas de plástico, uns cen millóns de toneladas de desperdicios, segundo os cálculos de Moore. A "sopa" esténdese fronte á costa californiana, rodea Hawai e chega ata Xapón.

O principal problema é que "non se pode limpar porque hai demasiada distancia entre os seus extremos" e a área total é inmensa. "Atopamos partículas de plástico ata a 10 e 30 metros baixo a superficie".

Neste enorme vertedoiro aboian todo tipo de obxectos "como cepillos de dentes, envases de xampú, plumas estilográficas". Con todo, a maioría do plástico que acaba no mar crébase en pequenos anacos por efecto do sol e mestúrase coa auga e o plancto. Os efectos desta mestura son devastadores para o hábitat mariño.

"Toda a cadea alimenticia vese afectada", sinalou Moore. Os anacos de plástico máis grandes "poden parecer ademais calquera tipo de comida, como lura ou ovas de peixe". "Hai animais como o albatros ou a tartaruga mariña que están comendo moito plástico", lamentou Moore.

Para o científico estadounidense, trátase "dun problema que ten que ver coa globalización dos produtos" porque "todo está empaquetado en plástico".

Tampouco está limitado só ó Océano Pacífico, xa que hai vertedoiros similares, aínda que máis pequenos, en case todos os mares do mundo. "En cada océano hai sistemas de alta presión que contribúen a que se acumulen os refugallos", dixo Moore, que afirma que se trata "dun problema mundial".

Moore reclamou "máis opcións para que a xente poida reciclar" e que a industria asuma a responsabilidade de crear xeitos de colleitar o plástico inservible.

RENOVABLES

A India podería ser líder

O ex vicepresidente de EEUU Albert Gore dixo onte que a India ten capacidade para liderar o desenvolvemento de tecnoloxías aplicadas á xeración de enerxías renovables como parte da loita contra o cambio climático. Gore atópase en Nova Deli con motivo do lanzamento da iniciativa india dentro da organización Proxecto Clima, unha institución con sede en EEUU que apoia o ecoloxismo.

ç

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS