Luns 28.04.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Os contos de Ángel Domínguez

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. E.P.

A editorial online biscaíña narrador.es presenta ó mercado o libro Veinticuatro Horas en el Bosque (Narradores, 2008), a última obra do ilustrador Ángel Domínguez (Galdakao, 1953), autor de referencia no ámbito internacional que foi o responsable de ilustrar en exclusiva un libro para a raíña Rania de Xordania.

Segundo informou a editorial, o libro fala das 24 horas que se viven nun bosque encantado, no que se mostran varias actividades concordantes co ideal do autor da forma de vida que os nenos deberían de ter. Responsables da editorial destacaron que, "a través dunhas belas e impactantes ilustracións e unha prosa próxima ó conto, Ángel Domínguez narra importantes leccións de vida saudable, mesturadas con pequenas fantasías para que a lectura sexa agradable", porque, na súa opinión, "nada é tan necesario e divertido na infancia como os contos que os pais deberían contarnos á hora de ir á cama, para soñar con elfiños do bosque ou coas aventuras de heroes lendarios". Preséntase nun formato cómodo e manexable, cun tamaño idóneo para gozar dos debuxos que este libro contén nas súas 62 páxinas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS