Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

queixa

Os libreiros lanzan un SOS

30.04.2008 O sector denuncia o impago por parte de Cultura de débedas por máis de medio millón de euros na compra de libros para as bibliotecas

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . COMPOSTELA

Unhas cincocentas librerías galegas están a afrontar problemas económicos por mor de débedas contraídas pola Consellería de Cultura e que ascenden a case medio millón de euros en concepto de compra de libros destinados á dotación de fondos da rede de bibliotecas galegas.

Así o confirmou o coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández Maira, quen asegurou "o momento de preocupación que viven moitos" por mor das "débedas recoñecidas e impagadas" por parte da Administración pública. A situación remóntase ao ano pasado cando a Consellería de Cultura tomou a decisión de mercar parte dos fondos para encher a rede de bibliotecas galegas en librerías pequenas, para así compensar parte das perdas ocasionadas pola gratuidade dos libros de texto en distintos graos da educación pública, a establecementos, na súa maioría, de carácter familiar. Unha decisión que foi aplaudida polo sector. O problema chegou despois, cando, segundo os libreiros, pasaron os meses, e arestora, as cantidades aínda non foron aboadas.

Fernández Maira recoñece que "é difícil saber o número exacto de librerías afectadas, dado que algunhas están fóra da Federación, pero andan polas cincocentas", e asegura que hai cerca dun milleiro de facturas impagadas, algunhas das cales por cantidades que chegan aos 15.000 euros, "cifras -di-, que nas contas de negocios pequenos supoñen buracos de grandes dimensións". Maira recorda ademais que nas vendas para bibliotecas, o sector aplica un 15% de desconto, "pero aos provedores hai que pagarlles".

"Hai xente que non pode esperar nin un día máis", laméntase un libreiro compostelán cuxa libraría é unha das afectadas pola debeda e que prefire manter o anonimato. "A medida foi boa pero algúns de nós estamos pensando, vistos os problemas, en non volver participar de iniciativas semellantes", di. "Queremos unha solución xa".

Cultura admitiu onte a existencia destas débedas e asegurou que "a principios de mes se comunicou que en poucas semanas se procedería ao pagamento". Recoñeceron atrasos administrativos xa solucionados e lembraron que as achegas para facer fronte ás compras chegaron en virtude dun convenio co Ministerio de Cultura asinado o pasado outubro. Os libreiros desconfían deste novo prazo, posto que, no seu día, "dixéronnos que en febreiro e agora -din-, estamos xa en maio".

XUNTA

A Consellería recoñece os atrasos, que solucionarán "en poucos días"

Dentro das medidas desenvolvidas polo departamento que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo para fomentar a actividade da lectura estaba a dinamización da rede galega de bibliotecas. Con este fin, través do programa de promoción do libro en galego, procedeuse á adquisición con fondos da propia Xunta de obras en língua galega.

O pasado outubro a Consellería asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Cultura para a adquisición de máis fondos bibliográficos. Segundo os datos da propia Xunta entre as dúas administracións achegáronse case tres millóns de euros, dos que 1,2 están adicados á mellora e provisionamento de libros nas salas de lectura. Por unha banda, distribuíronse os fondos bibliográficos que conservaba a Consellaría, promocionouse o libro en galego co reparto de exemplares e cofinanciáronse cos concellos as adquisicións de novas obras para os seus centros. A Consellería recorda que se decidíu mercar os fondos en librerías pequenas como medida para axudar ao sector do pequeno comerco galego. Recoñeceron problemas co convenio e aseguraron que o pagamento se levará ao cabo "en poucos días".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS