Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.41      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

discriminación

"¿Y si se le escapa algo en gallego?"

17.05.2008 A Mesa denuncia que un hotel rexeitou un candidato a un posto por falar na lingua do país

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

A Mesa pola Normalización Lingüística continúa a percorrer o país para difundir e animar á participación cidadá masiva na convocatoria da manifestación do 18 de maio de 2008 en Santiago de Compostela so o lema Polo dereito a vivirmos en galego.

Onte, a asociación deu a coñecer "un novo caso de discriminación motivada polo uso consciente do galego no ámbito das relacións laborais". Segundo denunciou este colectivo, un veciño de Vigo, Xesús da Torre Martíns, foi rexeitado para "un posto de traballo nun importante estabelecemento hostaleiro vigués polo simple feito de chamarse "Xesús" e por empregar o galego durante a entrevista de traballo cun directivo do hotel".

Xesús da Torre presentou o seu Curriculum Vitae para un posto na recepción do Hotel Ciudad de Vigo. Foi seleccionado e chamado a unha entrevista persoal cun dos directivos do estabelecemento.

O denunciante explicou como, xa de entrada, "o directivo que me estaba a entrevistar fixo referencia ao feito de eu falar galego e preguntoume se era quen de falar castelán, alén de facer unha desafortunada referencia ao meu nome "Xesús", que polo visto lle causou moita estrañeza".

Da Torre, que se declarou como "políglota", contou que "consciente de que aquilo era un intento de provocación", cambiou ao castelán para lle demostrar ao entrevistador o seu perfecto dominio deste idioma. "Porén, ao directivo do hotel parecíalle que a miña condición de galego falante habitual podía supor un problema", asegurou, "porque, segundo el mesmo, ao falar cos clientes podíaseme escapar algunha palabra ou frase en galego".

Da Torre afirmou que de nada lle valeu o seu dominio do inglés, o francés, o alemán, o portugués e o italiano, alén do galego e do castelán, xa que "para a directiva do Hotel Ciudad de Vigo eu tiña un perigoso estigma: ser un falante consciente de galego e ter o meu nome propio no meu idioma".

O cidadán vigués denunciante, que tamén deu a coñecer no seu día o caso á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza, que lle enviou unha carta á dirección do hotel, afirmou sentirse "abraiado e desprotexido pola actitude do hotel" e, sobre todo, "porque tampouco non lles valeu de nada que eu xa tivese experiencia no sector, onde, por certo, nunca tiven problemas para usar o galego".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS