Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

"Lusofobía nunca máis"

26.05.2008 “25 de maio saímos do armario”. “Non temos vergoña de facer esta coña”. E “lusofobía, nunca máis”. Son algunhas das consignas que onte, cubertos con toallas e con moita xolda, entoaron a vintena de persoas que se congregaron na Alameda compostelá para conmemorar o II Día do Orgulho Lusista e Reintegrata.

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO

"Somos un colectivo marxinalizado que quere darse a coñecer, visibilizando a nosa opción lingüística ortográfica, e amosando que somos persoas normais, e divertidas... ". Así explicou Suso Sanmartin, un dos organizadores da conmemoración esta fin de semana en Santiago do II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, o motivo da posta en marcha desta iniciativa.

Unha vintena de persoas, -"42 segundo a organización, e ¿Día de que? segundo a Policía", consonte eles mesmos comentaron de brincadeira-, percorreron onte distintos espazos da zona antiga da cidade escenificando a súa "saída do armario", ao xeito do Día do Orgullo LGBT, para reivindicar o reintegracionismo como opción normativa e, máis aínda, como un xeito, coma outro, de ser galegos e galegas.

A "mani-festa-acción", segundo eles mesmos a definen, na que non faltou a gaita, rematou na Praza de Mazarelos coa lectura dun manifesto por parte do escritor João Guisán Seixas, quen reclamou un esforzo por abrir "túneis" que "comuniquem aquela pata noroeste do lugar ocupado pola representaçom espanhola que corresponder à Galiza, com todos os outros lugares de língua portuguesa".

O programa do II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, que cadrou co VII Dia Internacional da Toalha e no ámbito hispanófono co Día del Orgullo Friki, comezou o sábado cunha festa no centro social O Pichel na que, entre cancións de Karaoke e outras esmorgas, se animou á representante portuguesa de Eurovisión.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS