Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Un militante do PSdeG vinculado ao sector encabezado polo vigués Gonzalo Caballero, sobriño do alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, defende a creación do Instituto Rosalía de Castro para "promover" e "defender" o galego "no mundo", equivalente ao Cervantes co castelán. Así propono nunha emenda ao Relatorio Marco que se debaterá no XI Congreso Nacional Galego que os socialistas galegos celebrarán o 25 de xullo. O texto defende a edición dos autores galegos nos diferentes países e a subvención da súa tradución a linguas estranxeiras, así como a "presenza regular" de creadores e obras galegas en circuítos internacionais.