Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

pensamento

Loitar contra o esquecemento

24.06.2008 Manolo Rivas reivindica un xornalismo "rebelde" na presentación do seu libro "Os grouchos"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO . SANTA COMBA

Manolo Rivas presentou o seu libro onte en Santa Comba
Manolo Rivas presentou o seu libro onte en Santa Comba

Loitar contra o que non se pode ver. Nin dicir. Contra o peor inimigo da verdade, que non é a mentira, senón o silencio, o esquecemento. É, segundo o escritor e xornalista Manolo Rivas, o que lle dá sentido ao periodismo. E é a cerna do seu novo libro: Os Grouchos, unha escolma de artigos de opinión publicados por este autor, -a maioría deles no suplemento Luzes, no xornal El País-, e agora reunidos nun mesmo volume pola editorial Xerais.

Rivas presentou onte en Santa Comba esta obra, acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, polo delegado de El País Galicia, Félix Monteira, e polo decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Maneul Pereiro. "Cando eu comecei no xornalismo, non se podía escribir a palabra obreiro. As noticias das folgas aparecían, pero chamabámoslle ao obreiro produtor. A peor mentira non é isto, senón o silencio: cando non aparece nada. Xornalismo e literatura é, en realidade, o mesmo oficio. Escribir é dar a ver", explicou.

"A imaxe da portada ten un significado especial. É un fragmento do cadro de Castelao A derradeira lección do mestre: o noso Guernica. Nel, o rapaz está a ollar o que non se pode mirar: o corpo do seu mestre. O xornalismo sempre tivo a súa parte mercenaria, de mercadoría. Pero o que lle dá sentido é a loita por amosar o que non se pode ver, nin dicir", engadiu.

"O xornalista ten que ser un home ou unha muller rebelde. Todo o texto ten como punto de partida a rebeldía, que se expresa con humor, con ironía. A min gustaríame escribir como andaba Charlot. Andar ás ceivas, sen seguir o camiño trazado", subliñou. Manolo Rivas, -ou Manuel O"Rivas, tal como asina este libro-, valorou como moi bo o momento que vive en Galicia a opinión como xénero xornalístico. "Hoxe a xeografía, o mapa da opinión en Galicia, é máis rico que en ningún momento histórico. Partiamos dunha situación na que, máis que pluralidade xornalística, había un asentamento territorial de cada xornal, dun lado ou doutro. Agora no mesmo xornal atopas opinións distintas, florece a opinión cada vez máis influínte dos blogs e de internet, das publicacións comarcais, locais, das radios...", comentou.

E a opinión, como xénero, segundo o autor, ten a función de procurar "unha certa orde. Ofrecer unha imaxe que lle poida dar sentido a un mundo tan feito cachiños. Cando aparentemente todo é ruído, todo está esfiañado, e o que vives parece que non obedece a unha causalidade, senón á inercia... o xornalismo é como un Ribeiro, ou como o nivel do carpinteiro. Ofrece unha certa orde. Unha orde que cómpre discutir, ante a que reaccionar dun xeito polémico. Se ben en Galicia aínda nos falta, na polémica, apuntar directamente a quen nos referimos, pois expresámonos moito con indirectas...", afirmou.

"Hoxe os galegos temos claro que non hai marcha atrás nos espazos de liberdade acadados. Hai moitos desafíos e cousas que cambiar, pero o horizonte é moito máis ancho", concluíu.

Galicia como "confederación helvética de bisbarras atlánticas"

Manolo Rivas reivindicou unha concepción de Galicia como unha "confederación helvética de bisbarras atlánticas. O feito de que presentemos o libro en Santa Comba, segundo a decisión que tomamos coa editorial e a libraría Ler, non é casualidade. Agardamos que non quede en algo anecdótico. O futuro non pasa polas grandes concentracións, senón pola diversidade como modo de vida, por novas utopías, propostas, ideas que teñen que ver coa ecoloxía e co ambiente, coa biodiversidade do país".

DATOS

Un proxecto de vinte anos

O libro estará nas librarías o vindeiro venres. Manuel Bragado definiuno como parte do proxecto de xornalismo literario que Rivas desenvolve desde hai vinte anos, con títulos como Galicia, Galicia.

“Optimismo” cun “punto rabudo”

Pereiro salientou que co cambio político veu a "idade de ouro" da opinión. E é que Rivas escribe artigos en galego, como facía en castelán, con "optimismo", "orgullo", pero engadindo un "punto rabudo".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS