Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.41      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

polo idioma

Promesa incumprida

27.06.2008 A Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística denuncia que Marisol López paraliza a creación do Consorcio

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) denunciou onte nun comunicado de prensa que a propia secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, lle confirmou que decidiu paralizar a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística, "incumprindo un acordo parlamentario".

Pola súa parte, este departamento confirmou onte que decidiu adiar a creación do Consorcio "logo de non acadar a unanimidade de todos os organismos convidados a formar parte do mesmo nos contactos e xuntanzas mantidas pola secretaria xeral, Marisol López, cos representantes deses organismos."

O proxecto do Consorcio prevé, para a súa constitución, a participación da Xunta de Galicia, dos concellos das sete cidades galegas, das catro deputacións provinciais e da Federación Galega de Municipios e Provincias. "Esa participación non foi, ata o de agora, subscrita por todas as entidades citadas, polo que a Secretaría Xeral continuará negociando para que se produza a adhesión de todas elas", sinalou onte Política Lingüística na nota.

Segundo a Coordinadora, a Xunta desviará para outras accións os fondos asignados á creación deste organismo, que estaba orzamentado e que tería como obxectivo o impulso institucional e social do uso da lingua galega. Indican que a creación do Consorcio se incluíu nos orzamentos da Xunta apara 2007 e que coa non creación deste organismo Política Lingüística segue a incumprir a súa función de coordinar o labor dos servizos de normalización doutros organismos.

A Coordinadora afirma, pois, que informará o presidente da Xunta do malestar por este asunto entre o colectivo e remitiralles aos tres grupos do Parlamento Galego un documento explicativo e un dossier con toda a información para pedirlles que controlen a acción executiva e que teñan en conta o incumprimento dun mandato parlamentario por parte dun departamento da Xunta.

OBXECTIVO

Impulso institucional á lingua

O obxectivo do Consorcio para a Planificación Lingüística sería o do impulso institucional e social do uso da lingua galega, co fin de acadar para esta máis presenza na nosa comunidade e máis espazos de uso nos diferentes sectores sociais. Para iso, crearíase unha estrutura estable da que dependesen os servizos de normalización lingüística, con órganos de decisión nos que participarían as distintas entidades consorciadas. Este fora o compromiso adquirido por Política Lingüística. A creación deste organismo foi incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2007 e no Programa operativo dese mesmo ano da SXPL, presentado no Parlamento galego o 7 de marzo de 2007. Logo iniciouse unha rolda de presentacións ás deputacións e concellos das cidades galegas, con continuas informacións públicas, tanto na web oficial da Xunta como en distintos medios de comunicación ao longo de todo o ano, pero o proxecto non se levou a cabo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS