Venres 27.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

música

María do Ceo cántalle a Curros, Ferreiro ou Méndez Ferrín

A cantora fadista publica novo disco-libro

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

A "cantora fadista galega" María do Ceo será "cantora galega" a partir do seu novo disco no que interpreta 16 poemas dos autores de Celanova Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices e Xosé Luís Méndez Ferrín, ademais dun tango inédito de Armando González, segundo explicou onte o secretario da fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro.

Piñeiro participou na presentación do novo disco-libro de María do Ceo, titulado No bico un cantar xunto coa cantora, o presidente da fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño -tamén alcalde de Celanova-, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar. María do Ceo interveu para explicar as dificultades do traballo realizado cos poemas, "xa que algúns eran moi difíciles de musicar, sobre todo os de Ferrín pola liberdade formal coa que escribe", dixo.

Entre os poemas do disco están oito xa interpretados por cantautores e corais como Unha noite na eira do trigo, de Curros Enríquez; ou Moraima, de Celso Emilio Ferreiro, pero ata estes foron gravados por María do Ceo con outras versións musicais. "Este disco é diferente a todo o que fixen ata agora, porque intentei escarpar totalmente do fado e animeime a compor os meus primeiros temas musicais", agregou.

Nese sentido, explicou que as letras e músicas da súa nova gravación teñen moita relación cos emigrantes, e mostrou predilección polo poema Mariñeiros da marola, de Curros Enríquez, "cantados a ritmo de swing dos anos 30 que fai do poema case un berro de guerra", engadiu. Dixo sentirse identificada con outro dos autores musicados, o poeta Castor Elices que morreu "de tristeza" e encaixou "perfectamente" no tipo de disco que a intérprete buscaba, segundo dixo.

Entre os poemas musicados por primeira vez pola fadista María do Ceo xunto con músicos que colaboran con ela, están Ai e Os teus ollos, de Curros, Haces bien en no mirarme de Castor Elices e outros.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS