Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

O IDIOMA COMO ARMA DE DIVISIÓN

Luz Casal, Óscar Pereiro, Verino e Purificación García asinan un manifesto contra o galego

02.07.2008 Piden reformas legais para lograr que o único idioma obrigatorio sexa o castelán ·· Académicos da RAE, científicos, toreiros ou deportistas poñen o seu nome na polémica listaxe

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Nunha nova volta de rosca na ofensiva lingüística, un dos medios de comunicación que se erixiu en difusor do manifesto do nacionalismo español contra as linguas cooficiais, o xornal El Mundo, anunciou onte que personaxes galegos como a cantante Luz Casal, o ciclista Óscar Pereiro, o escritor José María Merino ou os deseñadores Roberto Verino e Purificación García lle mostraran o seu apoio ao texto.

Segundo asegura esta publicación, tamén asinaron figuras como Plácido Domingo, Ana María Matute, Cayetano Rivera, Margarita Salas, Santiago Grisolía, César Nombela, Pedro Delgado, Enrique Cerezo ou Ángel Nieto.

Ademais, varios membros da Real Academia Española secundaron a iniciativa como o coruñés José María Merino, Ana María Matute, Antonio Fernández Alba, Antonio Mingote, Francisco Rodríguez Adrados, Eduardo García de Enterría, Gregorio Salvador e Manuel Seco.

Tamén trasladaron o seu apoio a este "Manifesto pola Lingua Común" os escritores Fanny Rubio, Andrés Amorós, Ramiro Pinilla, Iñaki Ezquerra, Juancho Armas Marcelo, Raúl Rivero, Jesús Ferrero e Irene Gracia, ou o crítico Miguel García-Posada. Se ben o que resulta máis sorprendente é atopar entre os asinantes a cantante galega Luz Casal ou deseñadores do país como Purificación García e Roberto Verino.

Do mesmo xeito, tamén se mostrou partidario das reivindicacións do nacionalismo español o ciclista galego Óscar Pereiro. Artistas como Alberto Schommer, Miquel Navarro e Agustín Ibarrola únense na lista de adhesións xunto con Kosme de Barañano e críticos de arte como Eduardo Serra, ex presidente do Patronato do Prado.

Tampouco falta xente do teatro como Ernesto Caballero e o Enrique Cornejo; músicos como El Lebrijano; cociñeiros como Abraham García ou mesmo tres toreiros: Luis Francisco Esplá, Joselito e Cayetano Rivera Ordóñez.

 

DATOS

Os historiadores tamén se unen

Os historiadores García de Cortázar, Hugo O"Donnell, Pedro Miguel Lamet, Manuel Fernández Álvarez, Carmen Sanz Ayán, Luis Miguel Enciso, José Manuel Blázquez ou Manuel Jesús González tamén se unen.

DATOS

Físicos e bioquímicos

Entre os primeiros en unirse ao manifesto sorprende o bioquímico Santiago Grisolía, discípulo de Severo Ochoa e Premio Príncipe de Asturias en 1990. Tamén se adheriu Margarita Salas, ou o profesor César Nombela, catedrático de Microbioloxía da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense ou o físico Antonio Ruiz de Elvira, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares e investigador no Instituto Max Planck de Meteoroloxía en Hamburgo.

Deportistas españois

Tamén se sumaron coas súas sinaturas ao manifesto o ex xogador de fútbol Quique Setién, o entrenador do Mallorca, Gregorio Manzano, os atletas Mayte Martínez, Abel Antón e José Luis González, o ex seleccionador nacional de baloncesto Javier Imbroda, o ciclista Pedro Delgado, o lanzador de peso Manuel Martínez, o piloto de motos Ángel Nieto, os xogadores de baloncesto Alfonso Reyes e Amaya Valdemoro así como tamén o jugador de balonmano José Javier Hombrados.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS