Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Ézaro Edicións presentou onte na Coruña a primeira novela do economista galego Marcelino Fernández Mallo, titulada A trenza, que supón a estrea da colección de literatura galega desta editorial. A novela trata a tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parece estar condenada á tranquila felicidade típica dunha familia galega de clase media.
Segundo manifestou Yolanda Castaño, encargada de presentar o volume, "todas as boas novelas son tamén un testemuño, un veraz testemuño do autor respecto da súa visión do mundo, e por iso Fernández Mallo pretendeu que este fora tamén un canto á muller, ás mulleres abnegadas e loitadoras, ás que sofren e ás que traballan polos demais, ás que se entregan".
Antes de A trenza, Marcelino Fernández Mallo publicou o libro Da peseta ao euro, así como o conxunto de relatos Cabilia. Até agora Ézaro só publicara unha novela en galego, A pel fría, do catalán por Sánchez Piñol.