Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

O anticiclón acústico

Ataque Escampe xa están a pensar no seu terceiro disco

30.07.2008 Os creadores de ‘Galicia es una mierda’ anuncian que van cambiar de rumbo no seu próximo traballo

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. OLAZÁBAL . SANTIAGO

Os membros de Ataque Escampe, de esquerda a dereita: Roi, Samuel, Alexandre, Marco e Miguel
Os membros de Ataque Escampe, de esquerda a dereita: Roi, Samuel, Alexandre, Marco e Miguel

Ataque Escampe podería ser un grupo máis dentro do sempre medrante círculo de música galega. Non obstante, unha serie de circunstancias fixeron que por méritos propios, e en só dous anos, sexan un dos grupos máis soados da escena.

Da xuntanza case azarosa que tivo lugar no campus norte compostelán, naceu a proposta de mesturar sons cento por cento acústicos con letras cheas de enxeño, que percorren o imaxinario colectivo a forza de sinceridade e altas doses de retranca. Roi e Samuel, dous dos multi-instrumentistas do grupo fixeron un alto no ensaio do grupo para comentar o acontecer musical e creativo de Ataque Escampe.

 

¿Como lle explicarían a proposta de Ataque Escampe a alguén que non vos coñece?

Samuel: Non é doado. Ante todo comezaría por dicir que é un grupo encadrable dentro do rock acústico, cunha instrumentación pouco común. O segundo trazo fundamental é que a prioridade é sempre a canción como formato musical, e por tanto, evitamos poñer a énfase noutros elementos, como pode a produción ou unha instrumentación demasiado recargada.

Roi: é importante que a canción teña certa coherencia coma un todo, que é o que buscamos nos dous discos que temos editados.

 

¿E a categoría de "Rock de serie B" de onde vén?

Samuel: iso refírese sobre todo á falta de medios. A realidade é que no momento de gravar por primeira vez non tiñamos moita infraestrutura técnica, entón naceu o termo "Rock de serie B". A día de hoxe aínda temos a necesidade dun produtor e un técnico de son. De feito se alguén me concedera tres desexos, pediría eses dous sen dubidar.

 

¿ E o terceiro?

S: (....) A sinfónica de Londres estaría ben.

 

Instrumentos tendes bastantes e pouco usuais. ¿Como foi que decidiron incluír estes recursos?

R: En realidade, a inclusión do Kazoo e do Xilofón, xorde do afán de experimentar con aqueles instrumentos que normalmente son vistos como simples xoguetes. Despois tentamos tocalos como se foran instrumentos "de verdade", entón o kazoo fai o que faría unha trompeta por exemplo.

 

¿Que supuxo o lanzamento de "Galicia es una mierda" fronte ao primeiro EP "ED Wood e a invasión dos paraguas asasinos"?

S: Co segundo tivemos máis medios e algo máis de experiencia, aínda que ao final cada canción tomou o seu rumbo propio. O disco igual que o EP é unha recompilación de cancións.

 

¿E que podemos esperar para o terceiro traballo de A.E?

R: Mentres que a idea antes foi a de facer cancións, neste caso a idea vai ser formular un disco como unidade, aínda que polo de agora estamos máis centrados nos directos.

S: Unha vez que termine o verán poderemos centrarnos máis no próximo disco. O único que podemos adiantar dese disco é que vai cambiar o rumbo con respecto a Galicia es una mierda, que é un disco que xa está feito e que aí vai quedar. O seguinte disco ten que darlle certa continuidade ao noso traballo, é dicir, continuar con ese diálogo.

O DATO

O 'boom' galego non enche as salas

Dende hai unos anos, a creción musical galego tivo un pulo moi importante por unha multiplicidade de factores, tanto musicais coma conxunturais.

Sobre este suposto "boom", que a día de hoxe ten grandes defensores e tamén detractores, Samuel explica que "non faltan propostas nin festivais nos que tocar" aínda que o músico augura que "o tema dos festivais pode terminar por estourar, son demasiados en moi pouco tempo."

Neste eido, ambos os músicos coinciden en sinalar que fóra dos circuítos dos festivais, a resposta do público xeral non é masiva nin moito menos. "Nótase que aquí non temos unha cultura de salas" asegura Samuel quen confesa que para el, as salas son "o mellor lugar para tocar e para escoitar música".

Pola súa banda, Roi concorda co seu compañeiro asegurando que "aínda que se programe, a xente non vai ás salas ver os concertos", máis alá dos esforzos por potenciar os circuítos locais.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS