Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

lémica

"Síntome ferido"

31.08.2008 Juan Cruz esíxelle ao PEN Clube galego que recoñeza publicamente que "manipulou" a súa entrevista a Steiner para ofrecer unha "versión torta"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Juan Cruz asegura que el sempre respecto e admirou a Literatura galega
Juan Cruz asegura que el sempre respecto e admirou a Literatura galega

"Ferido". Así é como se sente o escritor e periodista Juan Cruz tras a publicación dun comunicado do PEN Clube de Galicia onde se lle facía responsable das desprezativas declaracións de George Steiner sobre o galego e a súa Literatura. No comunicado da dirección do PEN, reproducido o venres no apartado A opinión da sección de maré, subliñábase que "Juan Cruz aproveitou as declaracións de George Steiner para botar leña ao lume na actual situación lingüística e literaria no Estado das Autonomías, co Manifiesto por la lengua común como pano de fondo".

Esa acusación, indicou onte Juan Cruz por teléfono, "é inxusta para min e para calquera periodista: É unha falta de respecto ao exercicio periodístico. As palabras son de Steiner, non miñas". Manifestamente contrariado pola polémica, Juan Cruz rexeita estenderse nas súas declaracións: "¡Que me veñan dicir isto a min, tan respectuoso sempre coa Cultura galega e cos seus esritores des que empecei na miña vida a relación coaLietratura galega a través de Cunqueiro ou de Torrente Ballester...!".

"O único que quero dicir", engade, "é que ese comunciado manipula dunha maneira perversa [el utiliza a palabra castelá torticera] esa conversa. Nela, actuei como actúa un persiodista: preguntando. E ata que o PEN Clube, ao que lle teño o máximo respecto como institución, non diga que en efecto manipulou esa conversa para que a opinión pública tivese unha versión torta do ocorrido, creo que non debo falar máis".

O presidente do PEN, Luís González Tosar, distribuíu a través da súa habitual colaboración semanal para a axencia AGN un texto -titulado O de Marras- no que incide sobre as acusacións vertidas xa no comunicado da organización.

"Agora, nunha entrevista que lle fai a un vello arroutado, exemplo do intelectual francés, unitario sobre todo, demostra quen é: un pagado de si, desleal, abusador cos de abaixo. E aínda así haberá algún arrastrado que o convide a estas provincias. Certo que a literatura é ben xenerosa", conclúe González Tosar nun artigo callado de lidezas para o autor canario. A polémica arrinca dunhas declaracións de George Steiner nas que se espantaba porque o galego se ensinase na Universidade cando, ao seu xuízo, non é un idioma merecente dese rango, cun nivel moito máis inferior ao do catalán. O último ensaio de Steiner -en galego titularíase Os libros que nunca escribín- aparecerá publicado en castelán e catalán.

A CERNA

Juan Cruz estaba onte moi molesto. Non ocultaba que o comunicado do PEN lograra enfadalo. Pero o que máis lle doía é que os máis de cen escritores do colectivo puidesen asinar o tal comunicado.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS