Luns 01.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 5]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

díxome, díxome

Bomba no PEN Clube polo ‘caso Steiner’

A xunta directiva do PEN Clube reunirase hoxe para debater sobre a crecente tensión que se creou entre o colectivo e o escritor canario Juan Cruz

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Luís González Tosar cre que o PEN actuou co máximo respecto ante Juan Cruz
Luís González Tosar cre que o PEN actuou co máximo respecto ante Juan Cruz

A xunta directiva do Pen Clube galego e outros "membros que o solicitaron" reuniranse hoxe ou "o máis tardar" mañá, para tratar de dar saída á escalada de tensión entre o escritor canario Juan Cruz e o colectivo que preside Luís González Tosar. A reunión, confirmada onte polo propio González Tosar, chega despois de que Juan Cruz esixise "desculpas públicas" ao colectivo por un comunicado no que, ao seu ver, se lle responsabilizaba a el dunhas declaracións de George Steiner desprezando o idioma galego.

Tosar nega calquera intento de cargarlle as responsabilidades a Cruz, "porque nós non lle dicimos a ninguén como ten que facer unha entrevista", pero si recoñece que os "estrañou a súa actitude". Non é moi normal, engade, "que un home tan posto da Literatura galega, con grandísimos amigos escritores en Galicia, quede calado diante das barbaridades que di Steiner".

Respecto das esixencias de desculpas por parte do escritor canario, o presidente do PEN acabou coa cuestión cun "por pedir, un pode pedir o ceo". A el, puntualizou, ninguén lle pediu "por escrito" que lle esixise "esas desculpas, nin Juan Cruz nin o seu representante".

O fundamental da polémica é, concluíu o bonaerense González Tosar, "que Steiner dixo as súas barbaridades diante dun escritor que se chama Juan Cruz e Juan Cruz non lle dixo nada. É como se ven a Galicia un escritor marroquí e comeza a soltar animaladas da Literatura portuguesa ou da Literatura española. Eu mándoo calar ou contéstolle: oe, iso non é así como o contas".

O comunicado, "escrito por varias persoas e non por min só, como se di por aí", aclarou Tosar, "non é desleal. Juan Cruz ten todos os nosos respectos".

Neste sentido, rexeitou que o artigo titulado O de Marras -distribuído esta semana pola axencia AGN e publicitado por distintos medios en Galicia- estivese dedicado a Juan Cruz. "En ningún momento do texto poño o seu nome, polo que é moito supoñer que llo dedicase a el".

Aínda que existen coicidencias cos argumentos vertidos no comunicado do PEN e aínda que se presenten escenas idénticas ás que Juan Cruz viviu en Galicia, Tosar asegura que o texto "é pura ficción. O meu estilo consiste en mesturar asuntos reais con outros inventados e así é como escribo todos os meus artigos semanais para AGN".

DATOS

Invitación conxunta

Tanto o PEN como a Asociación de Escritores ou A Mesa para a Normalización Lingüísticas están dispostas -dixo Tosar- a invitar a Steiner a vir a Galicia "para explicármoslle a situación da nosa literatura".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS