Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

ANTROPOLOXÍA

O home volveuse sedentario para beber cervexa e poder embriagarse

10.09.2008 Josef H. Reichholf asegura que a principal razón que está detrás da adopción do sedentarismo foi a posibilidade de embriagarse

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.C BARRENA/EFE . BERLÍN

O home volveuse sedentario e agricultor hai uns 10.000 anos, dando pé á chamada revolución do neolítico, para beber cervexa e embriagarse e non co fin prioritario de mellorar ou asegurar a súa alimentación.

Esta é a tese do biólogo e historiador natural alemán Josef H. Reichholf no seu novo libro Por que os homes se volveron sedentarios, que explica as causas da revolución que deu lugar á formación dos pobos.

O catedrático da Universidade Técnica de Múnic considera totalmente errónea a teoría de que a humanidade empezou a cultivar plantas, abandonou a vida nómade e estableceuse de xeito permanente nun lugar determinado para alimentarse mellor.

Segundo este experto, nun principio, "o cultivo de plantas non trouxo ningunha vantaxe sobresaliente para a supervivencia", ademáis de que as colleitas iniciais eran demasiado reducidas e o cultivo da terra moi laborioso.

Da situación descrita polo autor despréndese o feito de que este sistema non podía garantir a supervivencia dun pobo só coa agricultura, razón pola cal Reichholf sostén que o home do neolítico continuou cazando e colleitando para subsistir.

Nese sentido, tampouco pode considerarse como acertada a teoría de que nas primeiras rexións de asentamento sedentario da humanidade, na chamada media lúa que vai de Exipto a Mesopotamia, había pouca caza e moita vexetación.

"Era totalmente distinto", asegura o experto, quen considera que esas rexións eran ricas en caza polo que non había necesidade de abandonar esa forma de subsistencia e absurda a teoría de que unha rexión poida ser frutífera e pobre en animais salvaxes á vez.

"Pola contra eu afirmo que a agricultura xurdiu dunha situación de abundancia. A humanidade experimentou co cultivo de cereais e utilizou o gran como complemento alimenticio. A intención inicial non era facer pan co gran, senón fabricar cervexa mediante a súa fermentación", sinalou Reichholf durante a presentación do seu libro.

O catedrático muniqués asegura que a humanidade sempre sentiu a necesidade de alcanzar estados de embriaguez con drogas naturais que "transmiten a sensación de transcendencia, do abandono do propio corpo".

Nese sentido, o estudoso alemán subliña a importancia dos chamáns, grandes coñecedores dos efectos e a dosificación desas drogas, entre as que se inclúen o alcol, os fungos, e aquelas plantas que se poden fumar, cuxo uso tiña moitas veces fins rituais en cerimonias de carácter relixioso.

O DATO

O investigador asegura que a cervexa se pode fabricar con gran de cereal salvaxe, mediante un proceso de fermentación que "a humanidade coñecía xa con anterioridade", e que para este fin non facía falta unha gran cantidade de cultivo.

Deste xeito, os primeiros agricultores non aseguraban o alimento pero fomentaban o sentido de unidade das tribos coa inxesta de alcol.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS