Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

itos

Denuncian o "racismo lingüístico" en Europa

19.09.2008 A Mesa di que en España actúan "grupos de poder" contra os idiomas cooficiais

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

As entidades integrantes da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas concluíron tras a reunión do Consello Xeral celebrado a semana pasada en Polonia que "se está a producir unha repunta do racismo lingüístico" nos países europeos. Segundo explicou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e presidente do Comité desta axencia europea en España, Carlos Callón, en España "existen grupos de poder" que desenvolven discursos "contra as linguas galega, catalá e vasca", o que ao seu xuízo, se trata dunha situación de "racismo lingüístico". Así, nas conclusións pactadas polas organizacións recóllese que "se está a producir unha repunta da xenofobia e o racismo" a escala europea así como "unha repunta na incomprensión cara ás linguas". Entre os obxectivos propostos pola Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, o organismo pretende en primeiro lugar que a ONU recoñeza a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, acordada en 1996 e aprobada no Congreso de España.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS