Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Unha aposta de militancia

Ánxela Gracián cre que hai que "planificar a tradución en Galicia" para facela rendible

26.09.2008 Acaba de gañar o Plácido Castro por verter ó galego ‘A illa misteriosa’ de Verne, unha obra “pioneira”

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

V. OLIVEIRA . SANTIAGO

Ánxela Gracián traballa no servizo de tradución da Xunta de Galicia
Ánxela Gracián traballa no servizo de tradución da Xunta de Galicia

Só enfitar a tradución ao galego de A illa misteriosa -que seupera as cincocentas páxinas supón un traballo que, de non recibir axudas públicas, non sería viable dende o punto de vista comercial no sector editorial. Así o recoñece a escritora Ánxela Gracián, que acaba de recibir o Premio Plácido Castro de tradución na súa sétima edición, pola versión en galego desta novela de Xulio Verne publicada por vez primeira no 1874 e convertida nunha das máis lidas do pai da ciencia ficción moderna. A autora de Castroverde, que traballa no servizo de tradución da Xunta, coida que é "necesario facer unha planificación da tradución en Galicia".

Na súa opinión, calquera editor do país atópase cun emsmo problema á hora de decidir publicar traducións de obras ó galego. "Sabe de antemán que non hai suficientes lectores para esgotar unha edición. Hai que ser consciente de que a lectura en galego non se atopa normalizada. Así que traducir en Galicia é unha aposta de militancia; non é rendible economicamente, se non vai apoiada por unha subvención".

A tradución de A illa misteriosa" pódese descargar na web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos (www.bivir.com), un proxecto que Ánxela Gracián considera "moi loable porque dignifica o oficio de tradutor, xa que lles pagan aos tradutores as tarifas marcadas pola asociación".

"Boa parte dos clásicos non están vertidos ó galego", indica Gracián, agás excepcións como a colección Xabarín de Xerais, xurdida nos anos 80, na que se traduciron os grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, pero que non tivo continuidade.

A illa misteriosa, que forma parte da "triloxía do mar" de Verne xunto con Vinte mil leguas baixo dos mares e Os fillos do capitán Grant, resultou "politicamente incorrecta na súa época" e, fronte ás teorías de Darwin e os grandes descubrimentos que marcaron ese século, tamén representa "un texto pioneiro" xa que "os protagonistas, guiados por un enxeñeiro -Ciro Smith- fan un mundo para ser felices", indica.

Porén, esta obra pasou "case desapercibida para o público xuvenil galego debido á súa extensión", xa que chega ás cincocentas páxinas. De feito, Ánxela Gracián dedicoulle un ano a estra tradución. "Tomeime tempo para caracterizar os personaxes con linguaxes cultas, científicas, coidei a fraseoloxía e a terminoloxía zoolóxica ou botánica", indica. De feito, o xurado, destacou a calidade lingüística do texto así como a adaptación da obra á sensibilidade dos lectores actuais. "Cando traduzo non son capaz de separar a miña vea de creadora. Son unha tradutora bastante libre, gústame recrearme nos espazos, de maneira que non sentín limitacións á hora de abordar a tradución", afirma.

"Gústame escoitar a xente falar galego e, moitas veces, vou ó campo para escoitala, apunto as súas expresións e logo introdúzoas nas obras que traduzo. Dalgún xeito, é unha forma de salvalas cando en lugar de dicir "solpor", escribo "había home e medio de sol por tras dos penedos", explica.

DATOS

"A literatura infantil e xuvenil está a vivir máis gozos que sombras"

Para Ánxela Gracián, que tamén é vicepresidenta de Gálix, "a literatura infantil e xuvenil goza de boa saúde e vive máis gozos que sombras". A editorial Galaxia publicará proximamente tres traducións ao galego da escritora luguesa: A illa misteriosa de Verne e Patio agochado chamado Arcano mais O desexo de ser inútil, ambas do italiano Hugo Pratt. Pero a autora de Castroverde tamén ten escrito obras xuvenís como A toupiña cegata, Camiño solitario, Chis Chisgarabís, As bolboretas douradas ou Cos petos cheos de cinza.

DATOS

A colonización, pano de fondo

A obra narra a historia de cinco estadounidenses que foxen a unha illa do Pacífico debido á guerra de secesión. "Ten como pano de fondo a colonización: os pobos "superiores" conquistan terras descoñecidas", di Gracián.

"Vinte mil leguas" tamén en galego

No ano 2004, Ir Indo editou a tradución ó galego doutro dos grandes clásicos de Verne, Vinte mil leguas baixo dos mares, que verteron ó galego Mercedes Pacheco Vázquez e Llerena Perozo Porteiro.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS