Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Auxe da videocreación en Galicia

A sexta curta do ferrolán Rubén Coca inaugura o MIVICO"08

05.10.2008 Onte proxectáronse a exitosa ‘1977’ de Peque Varela ou ‘Taxi’, protagonizada polo galego Luís Tosar

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Máis dun centenar de persoas aplaudiron o venres pola noite o filme Mínimo común múltiplo 2.0, a sexta curta do director ferrolán Rubén Coca, na súa estrea no MIVICO"08, que serviu ademais para inaugurar a II Mostra Internacional de Videocreación do Condado.

A curtametraxe narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense. Mínimo común múltiplo 2.0, que foi rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández e Tomás Romero, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director "é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolvido todo nunha atmosfera de misterio e de suspense".

Tras a estrea, o festival trasladou o seu espazo de actuación ao Pub Flower, onde actuou o grupo portugués Sean Riley & The Slow-riders, que puxeron en escena un repertorio dacabalo entre o country e o pop máis actual.

O eixe central da mostra tivo lugar onte a partir das 18 horas coa posta en marcha das sesións en que se proxectarán os preto de cincuenta traballos a concurso. Proxectáronse os documentais Bata por fóra, unha oda á prenda de vestir máis empregada en Galiza, a videocreación Una fosa común, realizada cunha técnica mixta de animación, a multipremiada 1977, da directora Peque Varela, a proposta de Limoncello ou Taxi, a curta protagonizada por Luís Tosar. A xornada rematou co concerto da banda portuguesa U-Clic, con que o festival reafirma o seu compromiso coa música emerxente e cos vínculos entre a escena galega e a portuguesa.

OS PREMIOS

Hoxe coñécense os gañadores

Hoxe a partir das 21:30 e tras as proxeccións da tarde, daranse a coñecer os gañadores das tres categorías estabelecidas, é dicir, a de Mellor Curtametraxe, Mellor Documental e Mellor Videocreación, cunha contía de 400 euros cada un.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS