Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

A cultura perde a Ramiro Fonte, unha icona da Xeración dos 80

12.10.2008 Ramiro Fonte, unha das voces que cohesionaron os principios estéticos da Xeración dos 80, morreu onte en Barcelona. Tiña 52 anos e levaba tempo loitando –sempre con optimismo e afervecida escrita– contra unha enfermidade que finalmente non logrou vencer. Ás súas costas deixa máis de catro mil páxinas e dous poemarios que, só por uns días, non puido ver publicados

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A.R. LÓPEZ

Ramiro Fonte conversa co escritor Manuel Alberto Valente nun encontro en Povoa do Varzim –era director do Centro Cervantes de Lisboa– no ano 2006
Ramiro Fonte conversa co escritor Manuel Alberto Valente nun encontro en Povoa do Varzim –era director do Centro Cervantes de Lisboa– no ano 2006

Mañá mesmo chegan da imprenta os exemplares de Reversos, o poemario que Ramiro Fonte escribiu ao longo dos últimos meses e que Xerais ía distribuír nas librerías antes de acabar outubro, nun intento para lograr que o escritror o tivese entre as mans o antes posible. Non puido ser. O pasado setembro, e tras meses de loita contra un cancro que parecía a punto de dominarse, Ramiro Fonte subriu unha recaída e debeu trasladarse a Barcelona, onde xa fora operado. A primeiras horas da madrugada de onte morreu. Atrás deixa, como subliñaba o seu editor, Manuel Bragado, máis de catro mil páxinas de narrativa e poesía, algunhas delas aínda frescas, como estes Reversos inalcanzables xa ou como Xardín do Pasamento, un libro de poesía infantil de próxima aparición en Tambre que lle dedicou á súa afillada.

Integrado na denominada Xeración dos 80 -foi un dos pesos pesados do grupo vigués, xunto a Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafael Baixeras e Manuel Forcadela-, Ramiro Fonte publicou no 1983 o seu primeiro poemario, As cidades da nada, un libro que ía definir pefectamente a estética da xeración, marcada por un culturalismo da linguaxe que buscaba romper as trabes da poesía social imperante desde finais dos anos sesenta. Posteriormente, apontoaría unha traxectoria de forte impronta persoal cuns versos que fundirían un neoclasicismo de métrica rigorosa e un progresivo intimismo. A súa obra capital, segundo a crítica, chegou porén na narrativa: a monumental triloxía sobre a súa infancia.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS