Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

minorías

O romanche, unha lingua a piques de desaparecer

12.11.2008 Só o 0,5 da poboación de Suíza fala este idioma románico, que non conta cunha identidade política para fornecer as súas raíces

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARTA HURTADO/EFE

O romanche, unha case descoñecida lingua que fala o 0,5 por cento da poboación de Suíza, debátese por sobrevivir afundido nunha loita interna e enfrontado a un contexto cada vez máis globalizado. O romanche é unha lingua de orixe latina que pertence á familia das linguas reto-románicas, e que naceu e perdura no cantón alpino suízo de Grisóns, o maior do país en territorio (150 vales) pero cunha poboación de só 187.000 persoas.

No conxunto de Suíza, onde viven 7,5 millóns de persoas, 35.000 aseguran que o romanche é a lingua que máis dominan, e 60.000 afirman que a usan con asiduidade. Esa situación débese a que, segundo o censo do 2000, o romanche é a décima lingua falada na Confederación Helvética, tras o alemán, o francés, o italiano, o serbio-croata, o albanés, o portugués, o español, o inglés e o turco.

A ese afogo exterior súmaselle o problema de que o romanche se divide en cinco dialectos: o sursilvan, o sutsilvan, o surmiran, o puter e o vallander. No 1982, da fusión dos cinco, creouse o romanche grisón, o estándar, co obxectivo de fortalecer un idioma que ía perdendo falantes ano tras ano, pero os falantes rexeitárono.

"O romanche estándar é o principio da fin da lingua", sentenciou Robert Cantieni, director da escola pública bilingüe de Samedan, unha pequena localidade situada no val do Engadino, a seis quilómetros de Sant Moritz. "Talvez en 50 anos o romanche desaparecería. Eu traballo para evitalo, pero para que permaneza a xente debe identificarse coa lingua", agrega Cantieni Moitos. Moitos, incluído Cantieni, aseguran ademais que non entenden os outros catro dialectos, nin tampouco o estándar.

"Claro que hai léxico e expresións distintas, pero podemos manter perfectamente unha conversación se lle pomos vontade", afirmou o secretario xeral da liga Romanche, Urs Cadruvi. Para o secretario xeral, "talvez é demasiado tarde para o estándar porque é unha lingua artificial, pero é un método que nos pode axudar a manter o idioma".

A realidade é menos optimista, dado que a "alemanización" se segue dando: no 1880, o 47% da poboación de Grisóns afirmaba que a súa lingua principal era o romanche e o 40 % o alemán. Actualmente, é o 17% o que elixe o romanche e o 61% o alemán.

Non existe ningún partido político, nin agrupación nacionalista que reivindique e que loite por un recoñecemento e un apoio maior desta lingua.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS