Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

ciencia

Unha idea con patente

01.12.2008 Un físico galego crea un prototipo de acumulador de enerxía novidoso co que consegue aproveitar toda a corrente producida

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R.V./EFE . OURENSE

O investigador Gerardo Domarco, no laboratorio da Facultade de Física onde traballa
O investigador Gerardo Domarco, no laboratorio da Facultade de Física onde traballa

O investigador da Facultade de Física en Ourense, Gerardo Domarco, de 70 anos, elabora un prototipo de acumulador de enerxía novo a partir dun anel supercondutor ,co que constatou que non se perdeu nin un amperio da corrente eléctrica introducida, e que xa está patentado.

Domarco explicou que, a pesar de estar xubilado na docencia e na investigación, segue colaborando no desenvolvemento de varios experimentos que deron lugar a once patentes da facultade ourensá, e outra que permitirá desenvolver un acumulador de enerxía inédito, grazas a unha patente lograda hai un mes.

O físico explicou que os supercondutores coñécense desde hai tempo pero os avances son lentos e, a partir do premio Nobel de Física de 1987, outorgado a dous científicos de Alemaña e Suíza, sóubose dun material cerámico capaz de conducir electricidade con resistencia e perdas nulas. Este material é o que agora lle merca a Facultade de Física a unha empresa de Alemaña e a outra de Austria, segundo Domarco, para elaborar en Ourense aneis cos que se experimenta a supercondutividade, ó cargar o interior con enerxía eléctrica e logo introducilo en nitróxeno líquido, que mantén unha temperatura de 200 graos centígrados baixo cero. Con esta base, ademais de once patentes de diversos experimentos, o departamento de Física Aplicada patentou hai un mes o que, segundo Domarco, podería ser a orixe dun novo tipo de acumulador de enerxía.

Durante o próximo ano elaborará un prototipo que permitirá acumular a enerxía producida nun muíño eólico durante as épocas de exceso de vento, para poder enviala á rede cando o vento é insuficiente.

A experiencia de Domarco como científico comezou en Alemaña, onde traballou nunha fábrica, mentres estudou Física Experimental e logo seguiu en Francia, na universidade de París, onde se licenciou en Enxeñería de Materiais e acabou Física. En París, o seu labor investigador de 13 anos virou ao redor dos supercondutores e recordou que nos anos 1974 e 1975 traballou con materiais que eran supercondutores a unha temperatura coñecida como "cero absoluto" que equivale a 273 graos baixo cero.

Domarco é natural de Ourense e volveu a esta cidade en 1977, convencido pola súa familia, onde comezou a traballar na factoría que tiña entón Citroën no polígono industrial de San Cibrao das Viñas como técnico "xa que en España non se me recoñeceu o título de enxeñeiro de materiais que obtiven fóra". A súa licenciatura e especialidade en Física si puido convalidalas en 1995 e, desde entón, traballou en colaboración co físico Félix Vidal, da USC e co xefe de Física Aplicada en Ourense, Luís Romaní.

EXPERIENCIA

Foi nunha cea de colegas onde xurdiu a idea de crear un acumulador de enerxía. A pesar dos seus 70 anos, Domarco considera que está no mellor momento como científico pola grande experiencia acumulada. Ademais, comentou que non entende que isto non se teña en conta á hora de xubilar un investigador polo que avogou pola figura do científico emérito, recoñecido e con salario, igual que existe o de docente emérito.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS