Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

nacionalismos

Galicia Bilingüe pídelle ao BNG que apoie a súa manifestación

27.01.2009 O colectivo pretende que todos os partidos inclúan no seu programa as súas reivindicacións, asumidas xa polo PP e por UPyD

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A asociación Galicia Bilingüe pretende que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) apoie "expresamente" a manifestación que este colectivo presidido por Gloria Lago celebrará en Compostela para protestar polo Decreto do Galego e o proceso de normalización Lingüística. Ademais, Galicia Bilingüe pretende que a formación política inclúa "nos seus programas as demandas da asociación", proposta que tamén lle fará aos socialistas e aos partidos nacionalistas españois que comparten a súa ideoloxía: o Partido Popular (PP) e Unión, Progreso y Democracia (UPyD).

Oposta radicalmente á Política Lingüística desenvolvida polo bipartido -as súas protestas contaron co apoio e mesmo a presenza de destacados membros do PP pi de UPyD-, a asociación de Gloria Lago informou nun comunicado que a base das súas reivindicacións é "o rexeitamento ás imposicións lingüísticas da Administración e a defensa da liberdade de uso das linguas oficiais", así como á elección "por parte dos pais" do idioma no que os seus fillos deben recibir o ensino nos centros educativos.

Galicia Bilingüe remitiralles ós partidos un documento no que relaciona "as súas reivindicacións" ou "algunhas das contradicións ás que chegaron nos últimos anos os dirixentes da Xunta, partidarios da imposición do idioma", opinan.

A manifestación está prevista para o día oito de febreiro. Sairá ás doce do mediodía da Alameda de Compostela. Na súa páxina web, a asociación solicita a axuda dos interesados para colaborar economicamente no alugueiro de autobuses, de xeito que se poida trasladar o maior número posible de xente desde outras cidades.

Desde a súa aparición do colectivo, as súas manifestacións e reunións públicas estiveron marcadas pola violencia, con frecuentes enfrontamentos entre os seus partidarios e os seus detractores.

Na web tamén realiza recomendacións de libros que abordan as súas teses lingüísticas, como Extranjeros en su país, do deputado de Partido de la Ciudadanía Antonio Robles, ou o clásico deste movemento de defensa do castelán, La normalización lingüística, una anormalidad democrática. El caso gallego, de Manuel Jardón, un activista que a Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI) adoptou xa como símbolo da súa loita.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS