Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 20.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

óbito

A mirada punxente

Despois de varios anos de facerlle fronte, o cancro de pulmón acaba con John Updike, o gran cronista do declive dos Estados Unidos

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 28.01.2009 
A- A+

O escritor estadounidense John Updike, eterno aspirante o Nobel e autor da serie de novelas sobre Coello, morreu onte ós 76 anos tras anos de loitar contra un cancro de pulmón. Foi un dos intelectuais máis influentes do século XX en Estados Unidos, ao que lle tomou o pulso a través dunha crónica apaixonante desde a Gran depresión. Updike naceu en Shilligton (Pensilvania) o 18 de marzo de 1932. Estudou na Escola Superior de Shillington e na Universidade de Harvard, e desde 1955 a 1957 foi reporteiro da revista New Yorker, onde desenvolveu un estilo punxente e sarcástico co que describía os vicios e virtudes da vida cotiá americana.

No 1957 fixou a súa residencia en Ipswich (Massachusetts), onde escribiu gran parte da súa produción. Pouco despois, publicou a primeira novela Corre, Coello, que máis tarde se convertería na primeira dunha serie. Nela aborda a problemática do "home medio" a través do seu personaxe, Harry Angstrom. Os outros títulos son O regreso de Coello, Coello é rico e Coello en paz (1991). En O Centauro (1963), gañador do National Book Award, explicaba a través dun adolescente as sensacións e sentimentos provocados por unha enfermidade como a psoriase.

No 1967 foi galardoado co premio O"Herry Story, e en 1982 co do Círculo Nacional de Críticos Literarios, pero un dos máis importantes foi o Premio Pulitzer, que conseguiu ese mesmo ano, con Coello é rico. E por segunda vez, en 1991, con Coello en paz. Posteriormente, tamén levou o premio do Círculo da Crítica Literaria de Estados Unidos, na categoría de ficción, por Coello en paz, a última novela da serie, onde a enfermidade e morte do personaxe central, Harry Angstrom, ilustra o declive dos Estados Unidos.

Ó longo de varios anos figurou o seu nome entre os candidatos ó Premio Nobel.

Unha das súas obras máis populares é Parellas (1968), que nos anos sesenta permaneceu bastante tempo entre as listas dos libros máis vendidos. Nesta novela analiza o comportamento dalgunhas parellas dos sesenta, pioneiras na fronteira do sexo e na promis- cuidade.

En 1996 publicou tamén A beleza dos lirios, onde unha vez máis mostra á clase media norteamericana, ó longo de catro xeracións dunha mesma familia e co mundo do cine como pano de fondo.

Na súa longa produción, figuran títulos como A feira do asilo (1959), Arredor da granxa (1965), As bruxas de Eastwick (1984), que foi levada ó cine, S (1988) ou A versión de Roger (1989).

PERSPECTIVAS

‘Terrorista’, a súa obra en galego

John Updike está traducido ao galego. Foi recentemente (2007) coa súa novela Terrorista, nunha tradución de Lara Domínguez que publicou Xerais. A novela -que foi comentada na súa publicación- está protagonizada por un rapaz -Ahmad Mulloy, fillo dunha irlandesa e dun exipcio- que entra nun grupo terrorista islámico. A través del, Updike trata de describir a xénese do sentimento do odio e do fanatismo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS