Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
O director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, destacou onte que, sen caer en palabras "grandilocuentes", a literatura galega "vive, sen dúbida, o mellor momento de creación", grazas en grande parte "ao maior apoio social de lectores neste idioma".
En declaracións a RNE recollidas por Europa Press, Manuel Bragado tamén subliñou que existe "un sector profesionalizado e estable", algo que cualificou de "relevante", pois abre a posibilidade de que obras en galego "se visibilicen ante o público". "Esta comuñón é inédita e é a que permite que autores na nosa lingua conten con miles de lectores e lectoras, pois afortunadamente é unha práctica moi feminizada", apuntou. Porén, admitiu que a presenza "fóra das fronteiras galegas" é "unha das grandes materias pendentes", polo que apuntou que "sería desexable e necesario" incrementala. Bragado aposta por "unha estratexia máis profesionalizada", para o que propón a "creación dunha oficina da literatura galega no exterior", que promova a tradución de textos galegos.