Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

concerto

Rosalía renovada

24.02.2009 Cultura propón unha "lectura actualizada" da poeta coa música de Abe Rábade e as voces de Anxo Angueira, Guadi Galego e Uxía Senlle

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Anxo Angueira, pola esquerda, Luís Bará, Helena Villar e Abe Rábade onte na presentación dos actos FOTO: Ramón Escuredo
Anxo Angueira, pola esquerda, Luís Bará, Helena Villar e Abe Rábade onte na presentación dos actos
FOTO: Ramón Escuredo

Unha "visión renovada" de Rosalía de Castro desde a música, o audiovisual e a poesía. Iso será o que se poderá ver este xoves, 26 de febreiro, ás 21:00 horas no Teatro Principal de Compostela, co proxecto Rosalía 21. Abe Rábade Quartet púxolle música aos versos da poeta, que se presentan en directo por primeira vez en Galicia, nas voces de Uxía Senlle, Guadi Galego e os recitados de Anxo Angueira.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, Anxo Angueira e Abe Rábade presentaron onte os actos de conmemoración do Día de Rosalía. Hoxe, 24 de febreiro cúmprense 172 anos do nacemento da poeta, e Consellaría e Fundación celébrano cunha serie de actividades ao longo desta semana. Bará explicou que se trata dunha "lectura nova e actualizada da figura de Rosalía de Castro a través das composicións do cuarteto de jazz Abe Rábade, que se presentou na Feira do Libro na Habana hai un ano."

O concerto do xoves completarase cunha proxección audiovisual na que colaboran autores como a experta en Rosalía, Victoria Álvarez Ruiz, escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, María do Cebreiro, Xabier Cordal, María Reimóndez ou María López Sández, a historiadora Nancy Pérez ou o propio Anxo Angueira, que comentarán diferentes aspectos da traxectoria da artista filmadas en paisaxes simbólicas da súa obra como A Coruña, Lugo, Padrón, Santiago, Vigo ou Laíño. Bará sinalou que os obxectivos principais desta iniciativa incidirán na "divulgación da figura e obra de Rosalía como creadora e pensadora" da literatura galega; e a "idea de converterse en fonte permanente da inspiración e creatividade dos artistas" do país. Cultura publicou ademais un libro sobre Rosalía de Castro con artigos de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, María López Sández, Iria Sobrino, Nancy Pérez, Xabier Cordal, Daniel Salgado, María do Cebreiro, Iago Castro e María Reimóndez.

ACTIVIDADES

Libro de relatos na casa da poeta

A presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar, comentou que a intención é "darlle un xiro" á conmemoración da figura da autora galega para "dotar de maior importancia a data do seu nacemento que á da súa morte" e "recobrar ese espírito". Villar afirmou que este xoves se celebrará "unha festa de aniversario" da poetisa coa presentación do libro Quen casa ten de seu, Contos na casa de Rosalía, que inclúe cinco contos de autores e ilustradores galegos "dirixidos a achegarlles a súa figura aos máis pequenos" mediante "historias que acontecen na propia casa da escritora". O libro conta con relatos realizados por Marilar Aleixandre, Miro Villar, Helena Villar Janeiro, Xosé Antón Neira Cruz e Fina Casalderrey, con ilustracións de Fausto Isorna, Miguelanxo Prado, Ramón Marcos, Iván Suárez e David Pintor. O venres terá lugar ademais un recital poético a cargo dos alumnos de primaria e secundaria de centros escolares de Padrón e Bertamiráns.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS