Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

narrativa

Na construción do eu

16.03.2009 Suso de Toro publicará en abril a súa nova novela, unha investigación á procura da historia do seu avó que el considera "un libro resumo de todo o que escribín"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Suso de Toro non publicaba nova novela desde ‘Home sen nome’, aparecida no ano 2006 FOTO: Ramón Escuredo
Suso de Toro non publicaba nova novela desde ‘Home sen nome’, aparecida no ano 2006
FOTO: Ramón Escuredo

O próximo maio chegará ás librarías, da man de Xerais, a nova novela de Suso de Toro, Por arte de maxia, que el cualifica como "unha especie de libro termo, un resumo de todo o que escribín". Se ben lle quedan por perfilar "dous ou tres folios" -que rematará nunha vindeira viaxe á cidade zamorana de Toro-, o escritor xa ten unha visión xeral do conxunto e unha cousa clara: "A quen non lle guste Suso de Toro esta novela non lle pode gustar".

Considerado un dos mellores narradores da Literatura galega contemporánea e un dos nomes que acadou, desde Galicia, un carácter internacional, Suso de Toro explica Por arte de maxia como "unha investigación que empeza por constatar unha especie de enigma, unha ausencia, un baleiro na miña historia persoal".

O "baleiro" refírese á peripecia vital do seu avó paterno, que el decide reconstruír a partir dunha serie de viaxes tras as súas pegadas, incluída Cuba e Zamora, de onde era orixinaria esa rama da familia. "Trátase dunha viaxe", di De Toro, "na que hai algo de viaxe homérica, de busca do coñecemento".

"Realmente", engade, "o tema da miña nova novela é a identidade, pero ese tema non é ningunha novidade: probablemente é o eixe dos meus libros. Baséase na eterna pregunta: quen somos cada un de nós e cal é o papel que xoga o pasado na construción do eu".

Narrada en segunda persoa, Suso de Toro subliña que até agora nas súas obras sempre mandaba os seus personaxes investigar o seu pasado e "nesta obra eu son o personaxe e o narrador, que aínda non sei quen é, o que me manda a min explorar a historia".

A obra naceu, apunta, a partir de dúas situación distintas. Por un lado, está unha noite de insomnio en Toro, cando se preguntou de onde lle vén o apelido; e polo outro , un artigo de prensa no que pediron unha foto familiar e unha anécdota. El elixiu unha foto na que aparecen el e os seus pais diante da casa da familia. Nesa foto, un detalle que a el lle chamou poderosamente a atención: hai unha porta cegada con pedras. "No fondo", subliña, "o sentido poético do libro está nesa imaxe: a dificultade de acceder ao que hai detrás do muro".

Aínda que a novela aparecerá en maio nas librerías galegas, a súa tradución en castelán non estará lista até despois do verán. De momento, De Toro di que non se decidiu pola editorial encargada de publicala en España.

O DATO

Como en todas as súas novelas, Suso de Toro tamén lle puxo a esta última unha banda sonora. Neste caso, mesturaríanse AC/DC, os Requiem e, en xeral, a música do barroco.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS