Xoves 29.07.2010
| Actualizado 18.52
Hemeroteca web
|
RSS
Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego Pallasos en Rebeldía levará o espírito do riso e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta caravana solidaria que pretende impartir obradoiros de clown, risoterapia e, así mesmo, realizar diversas actuacións, ademais de capacitar os integrantes do circo palestino en técnicas de clown e a traballadores sociais en técnicas de risoterapia.
Pallasos en Rebeldía achegarase a distintias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablus, Jenin, Tulkarem e alguhas vilas e pobos, así como nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís.
No que respecta á composición da caravana, o colectivo galego de clown e solidariedade estará composto polos dous clowns mencionados anteriormente, ademais de por Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste furacán riseiro por terras palestinas.
O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado, volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa. Como significativo da viaxe solidaria, atópase o gran traballo realizado cos nenos refuxiados en campamentos.
Desa viaxe fíxose un documental, asinado por Mikio Tsunekawa e titulado Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso.
Múltiples apoios
Apoiando o traballo dos artistas galegos atoparanse, entre outros, o financiamento de Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer.