Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Sinaturas que normalizan o idioma

Escritores, mestres e políticos piden a aplicación do plan no ensino

08.05.2006

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. P. . SANTIAGO . E. P.

Escritores, pedagogos e representantes sindicais apoiaron a iniciativa da Mesa Pola Normalización Lingüística na lle que piden ao Goberno galego a aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (Pxnlg) no ensino para o vindeiro curso 2006-2007.

Segundo recordou onte A Mesa, o Pxnlg aprobouse por unanimidade no Parlamento galego e recolle unha oferta educativa para Preescolar e para Educación Infantil e fixa un terzo do horario semanal en galego nas devantidas etapas educativas nos eidos nos que a lingua predominante sexa o castelán.

Ademais, este plan ligüístico garante que o 50 por cento da docencia en todas as etapas de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelatos e nos ciclos formativos sexa en galego.

A Mesa lembrou que o bipartito se comprometeu "activamente" á aplicación de medidas, recollidas no Pxnlg, para a galeguización de maneira "efectiva e inmediata" do ensino. Por estes motivos, as persoas que asinaron o manifesto entenderon que a sociedade galega "non pode agardar máis" a que se cumpran estes mínimos. Por outra banda, indicaron que esta norma "debería ir acompañada" de todo tipo de apoio e información ao profesorado, como a opción de cursos especiais a quen o precise, distribución de recursos en galego e campañas de sensibilización.

Entre os asinantes, destacan os escritores Suso de Toro, Manuel Rivas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Alfredo Conde, Luz Pozo, Agustín Fernández Paz, Xavier Queipo, Rosa Aneiros e Yolanda Castaño; os pedagogos Antón Costa, Teresa Núñez, Lucía Iglesias, Narciso de Gabriel; e os presidentes da renovación pedagóxía Nova Escola Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xosé Lastra e Xoán Costa, respectivamente. Ademais, tamén subscribiron o manifesto o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao; un membro da executiva nacional de CCOO, Tensi lvarez; así como os profesores da USC Carme Hermida, Margarita Ledo, Xosé López e Miguel Túñez.

DATOS

O Bierzo comeza a celebrar o Día das Letras Galegas

Como en anos anteriores a Asociación Berciana da Lingua "Xarmenta" (www.xarmenta.tk) realizará unha serie de actos no Bierzo para celebrar o Día das Letras Galegas de 2006. As primeiras actividades terán lugar en Ponferrada, comezarán coa exposición Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra, realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Esta exposición consta de 12 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e mais pola obra de Manuel Lugrís Freire (Sada, A Coruña, 1863-A Coruña, 1940), figura a quen se lle dedica o Día das Letras. A seguinte actividade tamén terá lugar na UNED e será o día 12 de maio. Neste día ás 20.00 terá lugar unha conferencia didáctica a cargo do profesor e investigador Xabier Campos Villar e estará centrada na historia do Día das Letras Galegas e mais na figura do homenaxeado. Cómpre sinalar que estará no Bierzo un dos máximos especialistas na obra de Lugrís Freire, Xabier Campos Villar, autor de Lugrís Freire, unha biografía (Galaxia, 2006), Manuel Lugrís Freire. Antoloxía (Galaxia, 2006), Dicionario: Manuel LugrísFreire (3c3 Editores, 2006) e da reedición de A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS