Venres 15.05.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | Eli Ríos, coa súa obra nós escoitando o badalo de marienplatz, resultou gañadora do Concurso de Poesía Concello de Carral deste ano. O xurado, formado polos poetas Luis González Tosar, Lucía Novás e Paulino Peña Álvarez, escolleu o libro de Elisabet Ríos entre as 42 obras presentadas ao certame, salientando a súa calidade, frescura e innovación.O premio de Carral está dotado con 2000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior. O acto de entrega do premio terá lugar o 29 de maio.