Luns 18.05.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 2 de 4]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

novo goberno

Roberto Varela manterá en funcionamento Agadic

O conselleiro de Cultura anuncia que reunirá nunha soa as dúas fundacións que actualmente rexen a Cidade da Cultura

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, concedeulle onte unha entrevista á Radio Galega. Nela, recordou a cantidade "brutal" de traballo que lle supuxo pórse ó día e formar o seu equipo, persoas cunha mestura de "coñecemento de Galicia, lealdade e capacidade".

No Día das Letras Galegas, recalcou que "a lingua non debería ser un problema" e que "protexer o galego está non corazón e na mente de todo o mundo", pero "existe outra lingua oficial en Galicia". Así, adiantou que, á hora de apoiar proxectos, o seu departamento "primará a calidade do feito en Galicia", entendendo por galego "o que se produce en Galicia".

En canto a un dos maiores temas pendentes, a Cidade da Cultura, asegurou que "é un proxecto moi ambicioso e non podemos poñerlle prazos", sobre todo tendo en conta o "momento de austeridade" que estamos pasando. Así mesmo, mostrou os desexos de que, a pesar de non estar terminada na súa totalidade, empezo a funcionar de inmediato e anunciou que esta semana unificará as dúas fundacións e, máis adiante, convocará un concurso internacional para atopar un xerente para a nova entidade resultante.

Sobre a súa intención de proxectar internacionalmente a cultura galega, asegurou que se tratará dun traballo "feito con regularidade pero estratexicamente ben feito". Así, por exemplo, ten previsto desenvolver un programa de visitantes para traer a Galicia xente que crea opinión no estranxeiro e así poder promocionar Galicia no mundo.

Doutra banda, Varela a confirmado que manterá en funcionamento a Axencia Galega das Industrias Culturais, xa que considerá fundamental para a cultura fortalecer as industrias que a sustentan. Así mesmo, criticou que a maioría das políticas culturais, non só galegas, se baseen en subencionar a creación, cando "ou importante dunha película é que se vexa, non que se produza".

Ademais, en canto á repartición de competencias en materia de audiovisual entre os diferentes departamentos da Xunta, adiantou que Cultura quedará cos labores de promoción, mentres qe as demais competencias lle corresponderán á Consellería de Industria.

Así mesmo, recalcou a súa intención de darlle un "impulso novo" ó CGAC, convocando un concurso internacional para atopar un novo director. Con todo, asegurou que se trata dun "centro moi importante e está funcionando bastante ben", pero pretende convertelo na "antesala da Cidade da Cultura".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS