Mércores 20.05.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | Xa está dispoñible na rede o mapa de expositores do XXVII Saló del Cómic de Barcelona, que conta con Galicia como comunidade convidada. Segundo esta listaxe e o mapa correspondente, a banda deseñada galega contará con catro postos no recinto da Fira de Barcelona entre o 29 de maio e o 1 de xuño.
O de maior tamaño é o posto promocional xestionado desde a Consellaría de Cultura, que se sitúa no mesmo espazo onde estivo o de Baleares, comunidade convidada na edición pasada. Fronte a este, Galicia ten reservados catro postos de venda, dos números 86 a 89, nos que se poderán adquirir obras de autores galegos.
Alén da presenza institucional, no Saló atoparemos tamén un posto da empresa galega El Patito Editorial. Na zona de Fanzines estará o proxecto Galauda, centrado no ensino do galego en institutos de secundaria catalás. No seo desta iniciativa, presentarase o primeiro número de O catalizador, un fanzine realizado por galegos residentes en Barcelona e mais por cataláns que estudan galego nesta institución. O mesmo posto contará coa presenza do Centro Galego de Barcelona.